Ramiro Isla Couto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
Sen resumo de edición
Liña 3:
Emigrou en [[1911]] a [[Bos Aires]], onde estudou na Escola de Comercio, e traballou cun tío seu en diversos negocios. Nesa primeira mocidade en [[Arxentina]] ingresa na [[Asociación Cultural Terra]], de ideario [[galeguismo|galeguista]].
 
En [[1919]] regresou a [[España]], onde participou na [[Guerra Hispano-marroquí]]. Neses anos trabou contacto con outros mozos esquerdistas e galeguistas, como [[Xaime Quintanilla]] e [[Lois Porteiro]]. Ingresa na [[Irmandade Nazonalista Galega]] de [[Vicente Risco]] e nas [[Irmandades da Fala]], e en [[1923]] volve a [[Bos Aires]]. Alí funda a revista ''[[Terra (revista)|Terra]]'', a primeira publicación integramente en [[lingua galega|galego]] da emigración. En Arxentina convértese en dinamizador cultural do galeguismo, creando asociacións, colaborando en ''[[Céltiga]]'' e no xornal ''[[A Fouce]]'', e recadando fondos para o [[Seminario de Estudos Galegos]]. Tamén en [[Bos Aires]] coñece a [[ManoelManuel Antonio]], que paraba no porto bonaerense na súa navegación.
 
En [[1931]] regresa a [[Galicia]] e nese mesmo ano participa na fundación do [[Partido Galeguista]] en [[1931]], onde ocupa unha cadeira no seu Consello Nacional en representación da emigración. A [[Guerra Civil española]] colleuno en [[Verín]]: foi detido, e ao saír da cadea de [[Vigo]] exiliouse a [[Francia]], onde actúa como delegado das [[Sociedades Hispanas Confederadas]], e máis tarde a [[Cuba]] e a [[México]]. Nese país funda con [[Carlos Velo]] e [[Arturo Souto]] a revista ''[[Saudade]]'', e despois marcha a [[Venezuela]], [[Colombia]] e de novo [[Venezuela]]. A partir de [[1956]] volta definitivamente a [[Galicia]], onde se dedicará a distintas tarefas de recuperación cultural no grupo Galaxia, co seu irmán [[Xaime Illa]], con [[Ramón Piñeiro]], etc.