Diferenzas entre revisións de «Iona»

sen resumo de edición
 
 
'''Iona''' é unha pequena illa nas [[Hébridas de Dentro]], [[Escocia]]. Iona ocupa un lugar importante na historia do Cristianismo en Escocia, e é coñecida pola súa tranquilidade e natural beleza. O seu nome [[Lingua gaélica escocesa|gaélico]] é ''Ì Chaluim Cille'' (Illa de S.[[San Columba]]; anteriormente anglicizado como "Icolmkill"), ou ás veces, simplemente, como ''Ì'' ou ''Idhe''.
 
==Xeografía==
Iona atópase a unha distancia aproximada de 1´6 km. da costa da [[Illa de Mull]]. A illa ten un largo de 1´6 km. e un longo de 5´6 km. cunha [[poboación]] de 125 persoas.<ref name=census>[http://www.scrol.gov.uk Scotland Census 2001 - anaylser]</ref>
 
O punto máis alto de Iona é o Dùn Ì (101 m.), un forte da Idade de Ferro, datado entre [[-100]] e [[200]]. Outros elementos xeográficos son a [[Baía nasno costasfondo do Océano]], unha baía na costa Oeste da illa que recibe o seu nome de que o seguinte punto en liña recta é América, e o ''Càrn Cùl ri Éirinn'' (o outeiro dandoque da as costas a Irlanda), que se di está ao lado da praia onde San Columba chegou na súa primeira visita á illa.
 
==Historia==
 
No 563 [[San Columba]], tamén coñecido como Colm Cille, foi exiliado do seu país natal, [[Irlanda]], como resultado da súa participación na Batalla de Cul Dreimhne, e fundou un [[mosteiro]] en Iona con 12 compañeiros. Desde alí puxéronse á conversión ao [[Cristianismo]] dos [[Paganismo | pagás]] [[Escocia|escoceses]] e de gran parte do norte de [[Inglaterra]]. Iona colleu fama como un lugar de aprendizaxe e difusión da misión cristiá en [[Europa]] e converteuse nun importante lugar de [[peregrinaxe]]. Iona converteuse nunha illa sagrada onde varios reis de [[Escocia]], [[Irlanda]] e [[Noruega]] chegaron a ser enterrados.
 
No século VII o [[cristianismo celta]] tal como se practicaba en Iona estaba en conflito con Roma ata que o [[Sínodo de Whitby]], estableceu a práctica romana como norma.
 
Moitos cren que a totalidade ou parte do [[Libro de Kells]] produciuse en Iona a finais do século 8, o bi-centenario da morte de Columba ([[597]]) foi o evento apropiado para conmemoralo ca produción de tal manuscrito extraordinariamente elaborado. Unha serie de incursións [[Viquingo|viquingas]] no mosteiro de Iona, comezaron no ano 794 e, despois de que os seus tesouros foran saqueados moitas veces, as reliquias de Columba foron divididas entre Escocia e Irlanda, no ano 849 se abandonou o mosteiro.
 
Un [[convento]] de monxas da orde [[benedictino|benedictina]] fundouse en 1208, con Beathag, filla de [[Somerled]], como primeira priora. A actual [[abadía]] benedictina foi construída en 1203. O mosteiro floreceu ata a [[Reforma Escocesa | Reforma]] cando os edificios foron demolidos e todas menos tres das 360 cruces talladas destruídas.
 
Do convento do século 12-13 sobreviven as ruínas da igrexa, o claustro, e un colorido xardín. A diferenza do resto dos edificios relixiosos medievais, as ruinas do convento estaban demasiado fragmentadas para restaurar, aínda que son os restos máis completos dun convento medieval en Escocia.
 
No século 19 foi extraído comercialmente no sureste de Iona un mármore verde con raias, a canteira e a maquinaria sobreviven. Aínda se poden atopar nas praias da illa guixarros de mármore de Iona.
 
==Ligazóns externas==
Usuario anónimo