Freixo común: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m bot Eliminado: an:Fraixin |
|||
Liña 37:
==Usos medicinais==
As follas en infusión
Na [[Fonsagrada]] ([[Lugo]]), para cura-la úlcera dos meniños, empregan este remedio: botan nun prato de freixo nove cabezas de [[estruga]]s e nove areas de [[sal]], fan sobre o corpo de cativo varias cruces e círculos e recitan a seguinte oración: “''Sal de salgar,/ ortiga de ortigal,/ márchate Ulcera/ pro teu lugar,/ que nin crezas/ nin avivezas,/ nin fagas cousas/ que mal parezas./ Pol-o poder de Dios/ e da Virxe María,/ un Padre Nuestro/ e-un Ave María''”. Débese repetir esta oración por nove veces, á vez que se botan ó lume o sal e as estrugas ([[Jesús Rodríguez López]] e [[Víctor Lis Quibén]]). Lis Quibén tamén recolleu en [[Cotobade]] outro tratamento popular para cura-la úlcera que tamén utiliza un prato de freixo: botan nunha cunca de madeira de freixo nove gotas de aceite, nove de viño, nove de auga e nove areas de sal. Bendicen a parte enferma cun hisopo feito de nove gromos: tres de [[silva]], tres de estruga e tres de [[fiúncho]]. O tratamento e o ensalmo correspondente repítese tres veces ó día durante nove días seguidos.
==Cantigueiro==
|