Mofo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TobeBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: mk:Мувла
mSen resumo de edición
Liña 2:
O '''mofo''' ou '''balor''' é un [[fungo (bioloxía)|fungo]] filamentoso que medra sobre a materia orgánica, tanto ao aire libre como en interiores. Existen moitas especies de fungos; estímase que pode haber decenas de miles, quizais máis de trescentas mil.
 
==Características==
O mofo crece mellor en condicións cálidas e húmidas pero tamén o fai en condicións adversas (como no interior dun frigorífico). As esporas do mofo poden sobrevivir en variadas condicións ambientais, como a extrema sequidade, aínda que non favorecen o crecemento normal do mofo. O mofo tamén medra no [[pan]] e noutros tipos de [[alimento]]s, facéndoos incomestibles.
 
Os fungos son un grupo de organismos bastante comúns que teñen unha importante función no [[medio ambiente]]. A [[penicilina]], un [[antibiótico]] que salvou moitas vidas, obtense a partir do mofo ''Penicillium''. Outro grupo de microorganismos [[ascomiceto]]s, como os mofos, son as [[levadura]]s, entre as que se pode cita-lo [[fermento]].
 
 
[[Categoría:Fungos]]