Proxecto GNU: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Gallaecio (conversa | contribucións)
Comezo unha cadea de edicións (xa feitas localmente) que resultarán en dous artigos distintos ligados dende unha páxina de homónimos. Logo cargarei a revisión doustros artigos con novo contido deste.
Gallaecio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Heckert GNU white.svg|right|thumb|Logo do proxecto GNU.]]
#REDIRECCIÓN [[GNU (homónimos)]]
O '''proxecto GNU''' é un proxecto informático que ten por finalidade a de desenvolver un sistema operativo completo baseado en [[UNIX]] utilizando únicamente [[software libre]]. Dito sistema operativo é [[GNU]], e é o que lle dá nome ao proxecto.
 
==Orixe==
O [[27 de setembro]] de [[1983]] [[Richard Stallman]] anunciou publicamente o nacemento do proxecto no grupo de noticias <code>net.unix-wizards</code>. Ao anuncio orixinal seguírono outros ensaios escritos por Stallman, coma o [[Manifesto GNU]], que estableceron as súas motivacións para iniciar o proxecto, entre as que destaca «retornar o espírito de cooperación que prevaleceu nos tempos iniciais da comunidade de usuarios de computadoras».
 
==Traxectoria==
Para defender legalmente o software do seu sistema operativo, Stallman escribiu para o proxecto GNU unha licenza que asegurase que se recoñecerían non só os dereitos que debe fornecer ao usuario o software libre, senón tamén certas obrigas para asegurar que quen desenvolvese (cambiando ou mellorando) software libre baixo esta licenza tamén utilizase a mesma licenza para o resultado do seu traballo. Dita licenza chamouse [[GPL]].
 
A continuación, Stallman comezou o desenvolvemento dun [[compilador]] de [[C (programación)|C]], [[GNU C Compiler]]. Este compilador foi fundamental no desenvolvemento do software libre, posto que unha porcentaxe moi alta deste software está escrito en C.
 
O proxecto seguiu e segue desenvolvendo [[{{PAGENAME}}#Aplicacións desenvolvidas polo proxecto|aplicacións libres]] para o sistema operativo [[GNU (sistema operativo)|GNU]].
 
==Aplicacións desenvolvidas polo proxecto==
*[[GNU C Compiler]]
*[[Latex]]
 
==Véxase tamén==
===Outros artigos===
*[[GNU (sistema operativo)|GNU]]
*[[Software libre]]
*[[Free Software Foundation]]
 
===Ligazóns externas===
*[http://www.gnu.org/ Sitio oficial de GNU] {{En}}.
 
[[Categoría:Software libre]]