Wikipedia:Advertencia xeral: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
Toliño (conversa | contribucións)
traduzo unha nova sección incluída en en.wp
Liña 21:
Calquera das marcas comerciais, marcas de servizo, marcas colectivas, dereitos de deseño ou dereitos semellantes mencionados, usados ou citados nos artigos da Wikipedia son propiedade de seus respectivos donos. O seu uso aquí non implica que vostede poida usalos para calquera outro propósito que non sexa o uso informativo contemplado polos autores orixinais dos artigos desta Wikipedia, baixo os esquemas das licenzas CC-BY-SA e GFDL. Agás que se estableza doutro xeito, a Wikipedia e os sitios da Wikimedia non están afiliados con ningún dos posuidores de calquera destes dereitos que, como tales, non poden garantir ningún dereito de usa-lo material protexido. O uso que faga desta propiedade ou de propiedade similar é baixo o seu propio risco.
 
=== Dereitos de imaxe ===
==Xurisdición e legalidade do contido==
A Wikipedia contén material que pode mostrar o retrato dunha persoa identificable, viva ou recentemente morta. O uso de imaxes de xente viva ou recentemente morta está restrinxido polas leis de imaxe nalgunhas xuristicións, independentemente do estado dos dereitos de autor. Antes de usar este tipo de contidos, asegúrese de que posúe os dereitos para usalos baixo as leis que se apliquen nas circunstancias do propósito do seu uso. '''Vostede é o único responsable de asegurarse de que non infrinxe os dereitos de imaxe de ninguén.'''
 
=== Xurisdición e legalidade do contido ===
A información publicada na ''Wikipedia'' pode supoñer unha violación das leis do país ou da xurisdición do lugar desde onde está vendo estas páxinas. A base de datos da ''Wikipedia'' está almacenada no estado de [[Florida]] nos [[Estados Unidos de América]], e mantense como referencia das proteccións garantidas pola lei local e federal. As leis no seu país ou xurisdición poden non protexer a liberdade de expresión ou distribución das ideas do mesmo xeito que as leis citadas. ''Wikipedia'' non fomenta a vulneración de ningunha lei; e non pode ser responsable de ningunha vulneración de ningunha desas leis. Pode vostede ligar este dominio ou usar, reproducir, ou volver publicar a información contida aquí.
 
=== Non hai consellos profesionais ===
{{Véxase tamén|Wikipedia:Aviso de risco|Wikipedia:Aviso médico|Wikipedia:Aviso legal}}
Se necesita consello específico sobre unha área en concreto, tales como médico, legal, etc., por favor, busque un profesional diplomado ou unha autoridade nesa área.