Diferenzas entre revisións de «Alcaloide»

m
bot Engadido: io:Alkaloido; cambios estética
m (Bot: substituír 'a partires de' por 'a partir de')
m (bot Engadido: io:Alkaloido; cambios estética)
Chámaselles '''alcaloides''' (de [[álcali]], co sufixo ''-oide'', masculino) a aqueles [[metabolitos secundarios das prantas]] sintetizados a partir da vía do ácido shikímico, ou da vía do acetato. Os alcaloides verdadeiros derivan dun aminoácido, son polo tanto nitroxenados. Son [[Base (química)|básicos]] (excepto colchicina), e posúen acción fisiolóxica intensa nos animais aínda a baixas doses, polo que son moi empregados en medicina. Exemplos coñecidos son a [[cocaína]], a [[morfina]], a [[atropina]], a [[colchicina]], a [[quinina]], e a [[estricnina]].
 
A suas estructuras químicas son variadas<ref>Robinson T. 1981. ''The biochemistry of alkaloids''. 2ª ed. Springer, Nueva York.</ref>. Considérase que un alcaloide é, por definición, un composto químico que posúe un nitróxeno heterocíclico procedente do metabolismo de aminoácidos; de proceder doutra vía, defínese como [[pseudoalcaloide]]<ref name="azcón-bieto">{{Ref-libro | autor = Azcón-Bieto,J e Talón, M. | título = Fundamentos de Fisiología Vegetal | ano = 2000 | publicación = Mc Graw Hill Interamericana de España SAU | id = ISBN 84-486-0258-7}}</ref>.
 
Xeralmente actúan sobre o [[sistema nervioso central]], se ben algúns afectan ao [[sistema nervioso parasimpático]] e outros ao [[sistema nervioso simpático]], por exemplo, a cocaína actúa impedindo a recaptación de [[dopamina]] da terminal sináptica, o que produce un maior efecto dos receptores dopaminérxicos.
 
Os métodos de extracción son moi variados, pero últimamente está adquirindo forza a purificación por medio de [[fluido supercrítico|fluidos supercríticos]], concretamente con [[dióxido de carbono]].
Para obter os alcaloides dos vexetais, extraense das partes da pranta que os contén, con auga se están en forma de sales (solubles) ou con [[ácido clorhídrico]] diluído se están en forma insoluble.
 
En canto á sua detección, existen multitude de métodos: [[cromatografía|procedementos cromatográficos]], reaccións coloreadas (reacción de Mayer, de Dragendorff, de Bouchardat... se ben non son específicas dos alcaloides: pode obterse un resultado positivo en presenza, por exemplo, de [[péptido]]s).
 
 
== Ligazóns externas ==
 
*[http://qbitacora.wordpress.com/2007/08/06/lista-de-alcaloides-importantes/ Lista de alcaloides importantes] en qbitácora (blog).
 
* [http://qbitacora.wordpress.com/2007/08/06/lista-de-alcaloides-importantes/ Lista de alcaloides importantes] en qbitácora (blog).
 
[[Categoría:Substancias químicas]]
[[Categoría:Estimulantes]]
[[Categoría: Compostos químicos]]
[[Categoría:Alcaloides]]
 
[[hu:Alkaloidok]]
[[id:Alkaloid]]
[[io:Alkaloido]]
[[it:Alcaloidi]]
[[ja:アルカロイド]]
76.659

edicións