Abrir o menú principal

Cambios

m
sen resumo de edición
Todas as froitas naturais teñen unha certa cantidade de glicosa (a miúdo con frutosa), que pode ser extraída e concentrada para preparar un azucre alternativo. Pero a nivel industrial tanto a glicosa líquida (xarope de glicosa) como a dextrosa (glicosa en po) obtéñense a partir da [[hidrólise]] enzimática do amidón procedente de [[cereal|cereais]] (xeralmente [[trigo]] ou [[millo]]).
 
A [[molécula]] (C<sub>6</sub>H<sub>12</sub>O<sub>6</sub>) é unha aldo[[hexosa]] ([[aldehido]] pentahidroxilado) de tipo [[monosacárido]]. A '''glicosa''' é o segundo [[composto]] orgánico máis abundante na natureza, despois da [[celulosa]]. É a principal fonte de enerxía das [[célula]]s, mediante a degradación [[catabólica]], e constitúe o compoñente principal de [[polímero]]s estruturais, como a [[celulosa]], e de reserva enerxética, como o [[amidón]].
 
Na súa forma (D-Glicosa) sofre unha ciclación cara a súa forma hemiacetálica para lograr as súas formas [[furano]] e [[pirano]] (D-glucofuranosa y D-glucopiranosa) que á súa vez presentan anómeros Alpha e Beta. Estes anómeros non presentan diferenzas de composición estrutural, pero si difiren polas súas características físicas e químicas. A D-(+)-glicosa é un dos compostos máis importantes para os seres vivos, incluíndo os humanos.
29.647

edicións