Xudea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Tfeliz (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Tfeliz (conversa | contribucións)
Liña 11:
Xudea é unha rexión árida e montañosa, considerada en gran parte coma [[deserto]]. Varía moito de altura, chegando a unha altitude de 1.020 metros no sur do [[Monte Hebrón]], a 30 quilómetros ao suroeste de Xerusalén, e baixa aos 400 metros por baixo do nivel do mar ao leste da rexión. As principais áreas urbanas da rexión inclúen [[Xerusalén]], [[Beitar|Beitar Illit]], [[Belén]], [[Efrat]], [[Gush Etzion]], [[Xericó]] e [[Hebrón]].
 
Os [[xeógrafo|xeógrafos]] dividen Xudea en varias rexións: os outeiros de Hebrón, Xerusalén, os outeiros de [[Betel]] e o [[deserto de Xudea]], ao leste de Xerusalén, que descende gradualmente para o Mar Morto. Os outeiros distínguense pola súa estrutura anticlinal. Na antigüidade, eran outeiros arborados e a [[Biblia]] rexistra que a agricultura e a cría da [[ovella]] era practicada na área. Segue habendo cría de gando aínda hoxe. A rexión secou ao longo dos séculos e boa parte das árbores desapareceron.
 
== Breve historia ==