Río Orinoco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m largos>longos
m engado unha imaxe de wiki.pt e refago frase
Liña 14:
Un dos ríos máis longos de Sudamérica. Nace en [[Parima]], [[Venezuela]], cerca da fronteira con [[Brasil]], fai un gran arco primeiro cara o Suroeste, despois cara o oeste, e logo cara o norte, ata a fronteira con [[Colombia]], para tomar dirección nordeste cara o [[Océano Atlántico]], percorrendo un total de 2.140 quilómetros.
 
A desembocadura forma un inmenso [[delta]], ramificado en centos de ríos que abarcan unha extensión de 41.000 [[quilómetro cadrado|Km²]] de selva húmida. A maioría dos ríos de Venezuela son tributarios do Orinoco, o máis grande deles é o [[río Caroní]]. O Orinoco é navigable en practicamente toda a súa extensión, permitindo o tráfico de barcos oceánicos ata [[Ciudad Bolívar]], a 435 km da desembocadura.
 
O [[río Casiquiare]] forma unha canle natural entre o Orinoco e o [[río Amazonas|Amazonas]]. Iníciase como un brazo do Orinoco pero remata desembocando no [[río Negro]] que é un afluente do Amazonas.
 
A rexión de chairas aluviais ó norte do Orinoco, cuxa altitude non supera os 100 m, inúndase na época de choivas, deixando o resto do ano terreos cuxacunha vexetación é de pastizais tropicais de [[sabana]].
 
[[Ficheiro:Cuenca del Orinoco.png|thumb|250px|Mapa da bacia hidrográfica do Orinoco.]]
 
==Commons==
Orinoco River Basin: [[http://commons.wikimedia.org/wiki/Orinoco_River_Basin]]