Mr. Bungle: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: pl:Mr. Bungle; cambios estética
Liña 15:
'''Mr. Bungle''' foi un grupo musical norteamericano formado en 1985 en [[Eureka]], [[California]], con [[Mike Patton]] como vocalista. Nos seus comezos integrou estilos musicais como o [[rock]], [[heavy metal]], [[funk]] ou [[jazz]], resultando algo similar ó [[funk metal]]. Nos seus traballos posteriores integraron estilos como o [[ska]], [[swing]] ou [[pop]] entre otros estilos. A banda disolveuse en 2003.
 
== Historia ==
Os seus integrantes fundadores foron [[Trevor Dunn]] no baixo, [[Mike Patton]] á voz, [[Trey Spruance]] na guitarra e [[Jed Watts]] na batería. A banda tomou o nome dun paiaso traveso que mostraba ós nenos as cousas que non se debían facer no programa "[[The Pee Wee Herman Show]]".
 
Liña 22:
No 1987 o grupo difundiu copias en formato cassette da súa seguinte maqueta, ''Bowel of Chiley'', entre as emisoras de radio locais. Copias desta produción foron reproducidas e vendidas sen o permiso da banda co nome erróneo de ''Bowl of Chile'', no 1991 en cassette e en 1997 xa en formato CD, convertíndose nunha das rarezas máis preciadas. O estilo desta produción é moi diferente da maqueta inicial, mesturando sonidos do [[ska]], o [[swing]] ou o [[funk]]. Por entón o batería [[Jed Watts]] foi remplazado por [[Hans Wagner]], entrando ademais os músicos [[Scott Fritz]] e [[Theo Lengyel]] como trompetistas.
 
En 1988 Fritz abandonou ó grupo, integrándose [[Luke Miller]]. Lanzaron ''Goddammit I Love America!'', cun son moi similar ó seu anterior traballo (e descrito por eles mesmos como un plaxio a [[Fishbone]]) pero cun son máis sólido. Dous dos temas deste álbum foron posteriormente publicados coa súa primeira gran produción discográfica.
 
En 1989 editaron a súa última maqueta, ''OU818'', con [[Danny Heifetz]] na batería e [[Clinton "Bär" McKinnon]] no saxofón. Contiña cancións de maquetas anteriores, e case a mitade dos temas chegaron a estar presentes no seu primeiro gran lanzamento.
Liña 32:
O seu último disco, ''California'', saíu ó mercado o 13 de xullo de 1999. [[Theo Lengyel]] non aparece nel, nin tampouco o fixo nos seguintes proxectos de Mr. Bungle, segundo os representantes por diferencias creativas. Se ben a xira prevista de presentación do disco tivo complicacións por conflictos coa distribuidora, ó ano seguinte deron concertos polos Estados Unidos, Europa e Australia de novo, ó mesmo tempo que seguiron coa composición de novos temas.
 
== Discografía ==
* 1986 - ''The Raging Wrath Of The Easter Bunny'' (maqueta)
* 1987 - ''Bowel Of Chiley'' (maqueta)
* 1988 - ''Goddammit I Love America!'' (maqueta)
* 1989 - ''OU818'' (maqueta)
* 1991 - ''Mr. Bungle''
* 1995 - ''Disco Volante''
* 1999 - ''California''
 
== Ligazóns externas ==
* [http://bunglefever.com Páxina sobre a banda]
 
[[Categoría:Grupos musicais de Estados Unidos]]
Liña 57:
[[it:Mr. Bungle]]
[[no:Mr. Bungle]]
[[pl:Mr. Bungle]]
[[pt:Mr. Bungle]]
[[ru:Mr. Bungle]]