Anatomía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Traducido do castelán
 
m Correccións ortográficas
Liña 1:
'''Anatomía''' é o estudo da estrutura, situación e relacións das diferentes partes do corpo de [[animal|animais]] ou [[prantaplanta]]s.
Anatomía (do [[greogogrego]] ''anatomē'', ‘disección’) é unha rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos. É unha ciencia moi antiga, cunhas orixes que se remontan á [[prehistoria]]. Durante séculos, os coñecementos anatómicos baseáronse na observación de prantasplantas e animais diseccionados. Sen embargo, a compresión adecuada da estrutura impleca un coñecemento da función dos organismos vivos. Por conseguinte, a anatomía é case inseparable da [[fisioloxía]], que ás veces recibe o nome de anatomía funcional. A anatomía, que é unha das ciencias básicas da vida, está moi relacionada coa [[medicina]] e con outras ramas da bioloxía.
 
É convinte subdividir o estudo da anatomía en distintos aspectos. Unha clasificación posible baséase no tipo de organismo de estudo; neste caso as subdivisóns principais son a anatomía das prantasplantas e a [[anatomía animal]]. Á súa vez, a anatomía animal subdivídese en [[anatomía humana]] e anatomía comparada, que establece similitudes e diferenzas entre os distintos tipos de animais. A anatomía tamén se pode dividir atendendo aos procesos biolóxicos, por exemplo, anatomía do desenvolvemento (que inclúe, entre outros, o estudo dos embrións en diferentes etapas) e a anatomía patolóxica ou estudo descriptivo dos [[órgano]]s enfermos. Outras subdivisións, como a anatomía quirúrxica e a anatomía artística (como por exemplo na obra [[Home de Vitruvio]] de [[Leonardo da Vinci]]), baseánse na relación da anatomía con outras actividades baixo o título xeral de anatomía aplicada. Outra forma máis de subdividir a anatomía depende das técnicas empregadas, sendo unha das categorías a microanatomía, que se basea nas observacións obtidas coa axuda dun [[microscopio]].
 
==Clasificación==