Prato: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: ru:Тарелка
Hugo22 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Unglazed plates.jpg|thumb|right|250px|Prato de cerámica non decorado]]
[[Ficheiro:Plate Euphorbos BM GR1860.4-4.1.jpg|thumb|250px|Prato do período das cabras salvaxes]]
 
O '''prato''' é un dos principais utensilios da cociña sobre o que repousa, e sérvese, a gran maioría dos [[alimento]]s. Trátase dunha superficie aberta, máis ou menos cóncava, elaborada de diferentes materiais como [[porcelana]], [[vidro]], [[metal]], [[plástico]], [[barro]], [[madeira]], etc.
 
==Historia==
[[Ficheiro:Plate Euphorbos BM GR1860.4-4.1.jpg|thumb|220px|Prato do período das cabras salvaxes]]Os primeiros pratos que se coñecen datan da [[cerámica prehistórica]] en Europa caracterizada polo seu barro que, polo común é unha pasta de cor gris ou negruzco ou vermello ennegrecido sementada de pequenos fragmentos de [[mica]]. Adoitan levar os produtos deste tipo algúns debuxos, sempre de forma xeométrica, unhas veces pintados e outras, incisos coa uña ou o [[punzón]] ou impresos con molde sinxelo. Entre os obxectos do [[Neolítico]], hainos con debuxos (sempre lineais ou xeométricos), trazados por incisiones feitas na pasta negruzca e recheas con outra esbrancuxada. Tal é a decoración que ostentan os famosos pratos neolíticos de [[Ciempozuelos]] (Madrid) imitando a outros igualmente decorados no [[Exipto]] prehistórico e no máis primitivo da civilización minoica ou cretense, de onde seica tomaran o modelo os primeiros ceramistas hispanos.
 
Entre a cerámica grega, pódese identificar o estilo da «cabra salvaxe», atribuído tradicionalmente a [[Rodas]], con motivo de importantes descubrimentos realizados na [[necrópole de Camiros]]. De feito, estendeuse por toda [[Asia Menor]], con centros de produción en [[Mileto]] e [[Quíos]]. Predominaron dúas formas: os [[enócoe]]s, que copiaban modelos de bronce, e os pratos, con ou sen pés. A decoración estaba organizada en rexistros superpostos nos que os animais estilizados, sobre todo as cabras salvaxes (que deron nome ao estilo) que aparecían en frisos. Os numerosos motivos decorativos (triángulos, esvásticas, rosetas, motivos florais) enchían os espazos baleiros.