Nebulosa planetaria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 2:
'''Nebulosa planetaria''' é unha denominación errónea, xa que nada teñen que ver con planetas nin con ningún sistema estelar. Moitas están asociadas cunha [[estrela]] central, rodeada dunha envoltura discoidal de nebulosidade. A [[estrela]] central acostuma estar moi quente e a súa emisión é maior na parte ultravioleta do espectro; porén, opticamente a [[nebulosa]] parece só un tenue anel. A medición do efecto Doppler do seu espectro indica a existencia de turbulencias e movemento na nube. Estas nebulosas expándense a unha velocidade dalgúns quilómetros por segundo.
 
O nome débese a que os seus descubridores, no [[século XVIII]], observaron a súa semellanza aos [[planetasplaneta gasoso|planetas gasosos]] vistos ao traverso dos [[telescopio]]s ópticos da época, aínda que en realidade non teñen ningunha relación cos [[planeta]]s.
 
Ao final da vida das estrelas que acadan a fase de [[xigante vermella]], as capas exteriores da estrelas son expulsadas debido ás pulsacións e a intensos [[vento estelar|ventos estelares]]. En ausencia destas capas, fica un pequeno núcleo da estrela a unha grande [[temperatura]], brillando moi intensamente. Aradiación [[ultravioleta]] emitida por este núcleo [[ionización|ioniza]] as capas externas que a estrela expulsara. Trátase dun fenómeno relativamente breve en termos astronómicos, que dura da orde de deceas de miles de anos (o tempo de vida dunha estrela común ronda os mil millóns de anos).