Diferenzas entre revisións de «Celestino I, papa»

m
bot Engadido: vi:Thánh Celestine; cambios estética
m (bot Modificado: ceb:Celestino I)
m (bot Engadido: vi:Thánh Celestine; cambios estética)
{{PapS-V}} [[Categoría:Papas]]
[[Ficheiro:Celestino I San.jpg|thumb|left|150 px|San Celestino I]]'''San Celestino I''' naceu e morreu en [[Roma]] e foi papa entre o [[422]] e o [[432]]. Pénsase que era familiar do emperador [[Valentiniano I]]. Combateu os [[Pelaxio|pelaxistas]] e [[nestorianismo|nestorianos]].
== Vida ==
San '''Celestino I''' foi nado en [[Campania]] ([[Italia]]) sobre o derradeiro cuarto de século IV. Segundo os biógrafos, Celestino viña dunha familia nobre e emparentada con reis; parte dos estudos sinalan o emperador [[Valentiniano]] coma familiar máis proximo a través de seu pai, Prisco (ou Priscus). De súa nai non aparece documentado nada, mais é de supoñer que Celestino foi nobre e romano coma seu pai, só que nalgún punto da súa vida este aspecto deu a volta con singularidade. Suponse que estivo retirado no deserto e que anos despois foi ordeado crego, chegando incluso a ser bispo en Siria. Mais nada hai documentado que impulse a crer que este estilo de vida fose certo; tan só algunhas fontes exteriores de procedencia dubidosa. É posible que estudara teoloxía e relixión e a primeira referencia xa documentada deste home consta do ano [[416]] na que detenta o cargo de diácono e arquidiácono da igrexa romana (posiblemente no pontificado de papa [[Inocencio I, Papa|Inocencio I]]).
 
Celestino segue indirectamente as causas do [[Concilio de Éfeso]], nas que se prosegue coa excomuñón de Nestorio; ve con sorpresa que o [[27 de xuño]], Xoán de Antioquía e Nestorio, excomungan e depoñen a Cirilo; pero será [[Teodosio II]] quen os declara depostos, e Cirilo e Nestorio son encarcerados. Semanas máis tarde, e a petición de Celestino, vense os dous relixiosos postos en liberdade; unha excomuñón pública na contra de Nestorio e, coma os tres legados na representación do Papa non podían estar involucrados en discusións (a súa causa era a de xulga-las opinións dos outros), Celestino manifesta en tódalas súas cartas que a decisión é final, polo que Cirilo, o [[28 de outubro]], xunto co concilio manifestan "comprendido polos canons sagrados e as cartas do Noso Máis Santo Pai, Celestino, Bispo da Igrexa Romana", remata o concilio. O [[30 de outubro]] Cirilo volve a [[Alexandría]] e Nestorio retírase a un mosteiro de [[Antioquía]].
 
== O derradeiro ano, morte e controversias ==
Dentro do ano [[432]], Celestino recibe unha nova que lle fai reconsidera-lo caso da evanxelización de [[Irlanda]]; ve como as noticias de que Paladio abandonara a misión a finais de 431 por problemas de saúde (non era para menos, morrería no transcurso do ano [[432]] en [[Bretaña]]). Unha decisión imperaba e recaía nun monxe de nome San [[Patricio]] (quen, con anterioridade, foi rexeitado para a misión), polo que recibe as orden de Celestino (posiblemente o [[10 de xullo]] de [[432]]) de seguir con traballo do Paladio na evanxelización de [[Irlanda]]. O [[27 de xullo]] de 432 falece Celestino I en Roma; esta data é recoñecida pola maioría dos haxiógrafos, pero outros cren (particularmente a [[Igrexa Latina]]) que o seu falecemento ocorreu o [[6 de abril]] do mesmo ano, data na que, tamén indican, o seu corpo foi colocado nas Catacumbas de [[Santa Priscila]]. Non comparte a mesma opinión a [[Igrexa Grega]], que lle fai grandes honras (pola súa condena a Nestorio) o [[8 de abril]]. Pero con todo iso hai un dato no que se amosan dacordo os haxiógrafos e historiadores, tratábase da escrita que foi posta no seu sartego, que di: "A súa santísima alma goza xa da visión de Deus".
 
 
Os historiadores tamén poñen en supostos o contido de "[[Liber pontificalis]]" mailo que esta escrita presenta o Introito da Misa. De certo si se sabe que corresponde a Celestino a introdución na [[Misa]] de varias partes importantes, contándose entre elas o Introito e o bastón pastoral. Porén, as cartas súas están recolleitas nas "Decretais", mailo que o bibliotecario Anastasio (Anatasius) atribúe a el varias outras constitucións pero con pouca autoridade, como a conservación dunha carta dirixida a Venerio e a Marino ("Et caeteris Galliarum episcopis").
 
[[Categoría:Papas]]
 
[[af:Pous Celestinus I]]
[[tl:Celestino I]]
[[uk:Целестін I]]
[[vi:Thánh Celestine]]
[[zh:教宗策肋定一世]]
76.652

edicións