Diferenzas entre revisións de «Banja Luka»

m
bot Modificado: es:Bania Luka; cambios estética
m (bot Modificado: es:Bania Luka; cambios estética)
'''Banja Luka''' é a segunda cidade de [[Bosnia - Hercegovina]] cunha poboación de 196.500. É tamén a capital da [[Republika Srpska]] e o principal centro da rexión coñecida como [[Bosanska Krajina]]. A cidade localízase no noroeste de Bosnia, na ribeira do [[río Vrbas]].
 
== Historia ==
Hai evidencias da presenza romana na rexión durante os primeiros séculos da nosa era, e mesmmo un antigo forte no centro da cidade. Os eslavos asentáronse na rexió no [[século VII]] e a primeira mención á cidade data de [[1494]]. Durante o goberno otomano Banja Luka foi a capital da provincia de Bosnia, e a fins do [[século XVI]] a cidade desenvolveuse enormemente grazas a Ferhat Pasa Sokolovic, que posibilitou que Banja Luka se convertese nun dos centros comerciais e políticos de Bosnia, no século XIX produciuse unha forte emigración serbia nos arredores, pero a cidade permaneceu sendo de maioría musulmana.<br />
A ocupación austríaca supuxo a occidentalización e industrialización de Banja Luka e ao se formar [[Iugoslavia]] a cidade converteuse no centro da provincia de Vrbas.<br />
Durante a [[Segunda Guerra Mundial]], o réxime [[Ustasha]] crota ocupou Banja Luka, os xudeus sefardís foron deportados aos campos de concentración de [[Jasenovac]] e [[Stara Gradiska]], e o [[7 de febreiro]] de [[1942]] os ustashas mataron a 2.500 serbios en Drakulici, Motike e Sargovac (localidades do concello de Banja Luka).<br />
En [[1969]] a cidade foi devastada por un sismo que destruíu moitos edificios<br />
Logo do establecemento da Republika Srpska, Banja Luka converteuse de facto no centro da entidade (oficialmente en 2003). Calcúlanse en 70.000 os croatas e bosniacos que tiveron que deixar o municipio entre 1992 e 1995 como parte da limpeza étnica que sufriu a Republika Srpska, ademais moitos serbios opostos á guerra e á política da Republika Srpska tamén tiveron que marchar da cidade. As 16 mesquitas da cidade, que databan do século XV e XVI, destruíronse na guerra e aínda non se reconstruíron, en parte pola oposición dunha parte dos serbios.
 
 
== Cidades irmás ==
 
Banja Luka está irmandada con:
* [[Ficheiro:Flag of Italy.svg|20px]] [[Bari]] desde [[2007]]
 
== Ligazóns externas ==
 
* [http://www.banjaluka.rs.ba/_c/default.aspx Web oficial de Banja Luka (en serbio alfabeto cirílico, serbio alfabeto latino e inglés)]
 
*[http://www.banjaluka.rs.ba/_c/default.aspx Web oficial de Banja Luka (en serbio alfabeto cirílico, serbio alfabeto latino e inglés)]
[[Categoría:Cidades de Bosnia e Hercegovina]]
 
[[en:Banja Luka]]
[[eo:Banjaluko]]
[[es:BanjaBania Luka]]
[[et:Banja Luka]]
[[eu:Banja Luka]]
76.251

edicións