Programa internacional de avaliación do alumnado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xosé (conversa | contribucións)
Informe PISA
 
m Castelanismo: lápis -> lapis
Liña 3:
Os xoves desta idade achéganse ao final da súa escolaridade obrigatoria e PISA examina as competencias en tres ámbitos: a [[lectura]], as [[matemáticas]] e as [[ciencias]]. Este estudo realízase cada tres anos e de cada vez dáselle máis relevancia a unha destas tres competencias. Así, no [[2000]] foi a lectura, no [[2003]] as matemáticas, no [[2006]] seranno as ciencias e no [[2009]] de novo a lectura. No ano 2003 introducíuse un componente máis, a resolución de problemas. O primeiro ano participaron 43 países industrializados, en 2003 foron 41 e calcúlase que para o 2006 serán 58. En cada país as probas realízannas entre 4.500 e 10.000 alumnos.
 
O [[instrumento]] de avaliación son unha serie de exercicios que se contestan con papel e lápislapis nun tempo de dúas horas. Nunha sesión de avaliación participan varias quendas de alumnos que respostan a preguntas distintas. As preguntas agrúpanse en unidades. Cada unidade consta dun texto introdutorio que presenta unha situación da vida real seguido de unha ou varias preguntas.
 
O formato das preguntas pode ser fechado ou aberto. As preguntas fechadas adoptan a forma de [[resposta múltiple]] nas que o alumno ha de escoller unha só das opcións que se lle presentan (normalmente catro). As preguntas abertas contéstanse redactando ou calculando a resposta nun espazo aberto.