27
edicións
({{outroshomónimos|Acción Gallega (homónimos)}}) |
(Engadir o himno de Acción Galega) |
||
A loita do agrarismo galego, extraordinariamente radicalizada desde 1914, non volverá ter tanta resonancia como tivo nestes poucos anos o movemento de Acción Gallega, aínda que os principios deste movemento máis os de [[Basilio Álvarez]] perviviron nas sociedades agraristas posteriores.
==Himno==
O seguinte poema pertence ao libro ''Da terra asoballada'' ([[1917]]) de [[Ramón Cabanillas]]. Trátase dun himno de loita, escrito para a asociación agraria que fundara o crego [[Basilio Álvarez]] en [[1910]]. Nel aléntase aos labregos de Galicia a rebelarse contra as estructuras sociais inxustas, como os foros e o [[caciquismo]], que os mantiñan nunha situación de explotación e pobreza.
¡Irmáns! ¡Irmáns galegos!
¡Desde Ortegal ó Miño
a folla do fouciño
fagamos rebrilar!
Que vexa a Vila podre,
coveira da canalla,
a Aldea que traballa
disposta pra loitar.
Antes de ser escravos,
¡irmáns, irmáns galegos!
que corra a sangre a regos
dende a montaña ó mar.
¡Ergámonos sen medo!
¡Que o lume da toxeira
envolva na fogueira
o pazo señorial!
Xa o fato de caciques
ladróns e herexes fuxe
ó redentor empuxe
da alma rexional
Antes de ser escravos,
¡irmáns, irmáns galegos!
que corra a sangre a regos
dende a montaña ó val.
==Véxase tamén==
|
edicións