O Virxiniano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 4:
== Historia ==
 
[[Image:O_virxiniano.JPG|right|150px|James Drury]] O Virxiniano foi a primeira serie de televisión cunha duración de noventa minutos, mentres os demais programas coma Bonanza, duraban setenta e cinco. Logo dun episodio piloto de hora e media no 1958 e co mesmo actor principal, [[James Drury]], a cadea de televisión non lle gustou o formato e decidiu non arriscar no proxecto. Sen embargo, a nova ondada de series de televisión baseadas no oeste americano animaron á NBC a invertir nela aínda que con cambios. Pese a ser o 'remake' da novela homónima de [[Owen Wister]], a personaxe do vaqueiro de [[Virxinia]] sufriu variacións do texto orixinal e das películas predecesoras para adaptala ó formato televisivo e ós gustos da audiencia. Mentres que na novela o argumento principal versaba sobre o amor entre unha profesora e o vaqueiro, na serie se omitiu para tratar temas cotidiáns e os valores típicamente americanos coma a xustiza, os prexuizos e as relacións entre os habitantes de Medicine Bow.
A serie convertiuse nun gran éxito para a cadea e durou en antena oito anos entre cambios de personaxes aínda que [[James Drury]] e [[Doug McClure]], o seu amigo Trampas, permaneceron ata o final da serie.