Diferenzas entre revisións de «David Rubín»

arranxiños
(+ imaxe)
(arranxiños)
 
==Traxectoria==
Debuxante e animador, comezou na [[Ourense|ourensá]] [[Limaía Produccións]]. Continúa no campo dos [[debuxos animados]], agora traballando para a produtora coruñesa [[Dygra]]. Ten feito [[curtametraxe]]s e cortinillas de animación, pero é máis coñecido como autor de BD, xa que é un dos máis prolíficos de Galicia. Confundador do colectivo [[Polaqia]] en [[2001]], debuxou unha historia escrita por [[Kike Benlloch]] no álbum colectivo "''Mmmh!!"''. Conta con series propias nas principais revistas galegas: "''[[BD Banda]]"'' (desde 2001) e "''[[Barsowia]]"'' (desde 2003), respectivamente. É o autor de "''Os Kinkilláns"'', unha das series máis populares da segunda etapa de "''Golfiño"'', (publicación xuvenil ofrecida xunto a ''[[La Voz de Galicia)]]''. [[Cómic]]s seus viron a luz en innumerables publicacións como "''Tos"'', "''Huevo"'' ou "''El fanzine enfermo"''. Foi un dos autores que máis contribuíu á última época da revista "''Dos veces breve"''.
 
Tamén se dedica ao humor gráfico para ''[[El Periódico de Catalunya]]''.
 
==Premios==
Gañou o primeiro premio das Xornadas de Banda Deseñada de [[Ourense]], na categoría de 22 a 30 anos, nos anos [[2000]] (por "''A sombra xigante que me afoga"'') e [[2002]] (por "''Antón ardendo"'') e mais o cuarto premio en 2001. Premio Ourense ao mellor autor afeccionado (Casa da Xuventude de Ourense, 2000).
 
Gañador en xaneiro de [[2003]] do VIII Certame de Cómic de [[Arteixo]], correspondente ao ano 2002. Gañador en marzo de 2004 do IX Certame de Cómic de Arteixo coa historia "''O segundo que ía dicirche"''.
 
En 2004 fíxose co segundo premio do certame "Na Vangarda" (Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade) polo relato breve "''Corredora"'' feito en equipo con Emma Ríos. Gañou en [[2005]] coa historia curta "''Patacas"''.
 
Gañador en 2005 do I [[Premio Castelao de Banda deseñada|Premio Castelao]] de BD ([[Deputación Provincial da Coruña]]) coa novela gráfica “Onde''Onde ninguén pode chegar”chegar''.
 
III Premios La Cárcel de Papel, mellor autor revelación no 2006.
 
==Álbumes==
* ''[[El circo del desaliento]]'' (Astiberri), ([[2005]]). Inclúe en castelán a historia "''Onde ninguén pode chegar"'', gañadora do I [[Premio Castelao de Banda deseñada|Premio Castelao]] nese mesmo ano.
* "''[[Corazón de Tormentas]]"'', unha obra en galego realizada en 24 horas seguindo as normas creadas por [[Scott McCloud]] (24horas x 24páxinas24 páxinas).
* ''[[La tetería del oso malayo]]'' (Astiberri), ([[2006]])
 
==Filmografía==
*''[[O espírito do bosque]]'', [[2008]]. Director.
 
==LigazónsVéxase externastamén==
===Ligazóns externas===
*[http://detripas.blogspot.com/ ''De tripas corazón'', blogue persoal]
*[http://www.agpi.es/ilustrador.php?id=22 Galería de imaxes na ''Asociación galega de profesionáisprofesionais da ilustración]
*[http://www.culturagalega.org/bd/autores_detalle.php?Cod_prsa=39&busca=David%20Rubin Perfil en ''Cultura Galega''www.culturagalega.org]
 
[[Categoría:Personalidades do cómic de Galicia|Rubin, David]]
129.055

edicións