Aranés: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 29:
* [[rotacismo]] do L dobre intervocálico: illa > '''era''' ("ela").
* o L dobre final pasa a TH: castellum > castel > '''castèth''' ("castelo").
 
==Uso lingüístico==
O aranés é a [[lingua materna]] do 34,2% da poboación do [[Val de Arán]]. É a segunda lingua máis utilizada no val, tras o [[idioma español|castelán]], que é a lingua materna do 38,8% da poboación, e por diante do [[idioma catalán|catalán]], que é a lingua materna do 19,4%, segundo os datos do censo de 2001.<ref>[http://www20.gencat.cat/docs/Llengcat/Documents/Altres/Arxius/aran_cens.pdf Censo do 2001 no Val de Arán. Coñecementos e usos lingüísticos. (Generalitat de Catalunya)]</ref> O aranés é a lingua materna de 2.785 persoas, segundo esta mesma fonte.
 
No fogar, o [[lingua castelá|castelán]] é utilizada de forma exclusiva polo 35,3% da poboación do val, o aranés polo 25,8% e o [[lingua catalá|catalán]] polo 13,0%. Ademais, o aranés é utilizado en casa con outra lingua polo 14,5% da poboación; xa que logo, o aranés é utilizado en casa (de forma exclusiva ou en situación de [[bilingüismo]]) polo 40,3% dos habitantes do val, mentres que o [[lingua castelá|castelán]] éo polo 50,7% e o [[lingua catalá|catalán]] por 24,6%.
 
No traballo, o [[lingua castelá|castelán]] é utilizada de forma exclusiva polo 30,8% da poboación do val, o aranés polo 9,2% e o [[lingua catalá|catalán]] polo 7,4%. Ademais, o aranés é utilizado no traballo con outra lingua polo 25,4% da poboación; xa que logo, o aranés é utilizado no traballo (de forma exclusiva ou en situación de bi- ou [[multilingüismo]]) polo 34,6% dos habitantes do val, mentres que o [[lingua castelá|castelán]] éo polo 63,1% e o [[lingua catalá|catalán]] polo 43,9%.
 
==Notas==