Cirilo de Alexandría: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TobeBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: da:Cyril af Alexandria
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: da:Kyrillos af Alexandria; cambios estética
Liña 8:
Moitos historiadores opinan que Cirilo foi o principal responsable da morte de [[Hipatia]], pero non existe documentación que o acredite de xeito directo. Dise que Cirilo era inimigo seu, teméndoa e admirándoa a un tempo e que propiciou un ambiente de odio e fanatismo contra dela. En marzo de [[415]], Hipatia foi asasinada por un grupo de monxes da igrexa de [[San Cirilo de Xerusalén]]. Os feitos foron recollidos polo bispo exipcio Xoán de Nikio xa no [[século VII]], que nuns escritos<ref>"Crônicas", 84.87-103</ref> xustificando o masacre daquel ano contra dos [[xudeu]]s de Alexandría, conta como un grupo de cristiáns ''atolondrados'', ''impetuosos'' e ''violentos'', seguidores dun lector chamado Pedro foron na busca de [[Hipatia]], golpeárona, espírona e arrastrárona pola cidade ata o templo Cesáreo. No interior do templo, foi cruelmente torturada até a morte, tendo o corpo dilacerado por cunchas de ostras (ou cachos de cerámica, segundo outra versión). Despois de morta, despezárona e botaron o seu corpo nunha fogueira, no lugar chamado Cinaron. Orestes, o prefecto romano amigo e alumno de Hipatia informou e pediu a Roma unha investigación. Por "falta de testemuñas" atrasouse até que chegou un momento no que o propio Cirilo asegurou que Hipatia estaba viva e que habitaba en Atenas. Orestes tivo que abandonar o seu cargo.
 
Cirilo opúxose con toda a súa enerxía á [[herexía]] [[nestoriana]]. [[Nestorio]], Patriarca de [[Constantinopla]] afirmaba que en [[Xesús Cristo]] non había soamente dúas naturezas, mais tamén dúas persoas; de onde concluía que [[María]] Santísima era Nai de Xesús como home e non Nai de de Deus. A herexía tomou forza, incrementándose cada vez máis, e Cirilo, conforme o antigo costume da Igrexa, dirixiuse ao Papa. [[Celestino I, papa|Celestino I]] convocou un [[sínodo]] en [[Roma]], e foi condenada a herexía de Nestorio. Encargado de executar a sentenza da excomuñón, Cirilo reuniu en [[concilio]] os [[bispos]] do [[Exipto]] e enviou a Nestorio a determinación da [[Santa Sé]], e acrecentou dous anatemas do sínodo de Alexandría. Nestorio revidou igualmente con doce antianatemas, asinados por el e polos bispos con el solidarios. Tendo a controversia chegado a este punto, os emperadores [[Teodosio II]] e [[Valentiniano III]] houberon convocar o terceiro concilio ecuménico de [[Éfeso]], que se realizou no 431. Para este Concilio foron convidados todos os metropolitas e o [[Papa]] mandou como legados seus dous bispos e un [[sacerdote]]. Nestorio, malia ser tres veces convidado non compareceu. Dirixiu o concilio San Cirilo, onde estiveron presentes 198 bispos e foi novamente condenada a herexía, resultando Nestorio excomungado. Os nestorianos, con máis de douscentos bispos, conventos, etc., propagáronse durante seis séculos; penetraron na India e na China.<ref>[Página Oriente, http://www.paginaoriente.com/santosdaigreja/jun/cirilo2706.htm]</ref>
 
San Cirilo figura, pois, na historia da Igrexa como o grande e vitorioso defensor do [[Dogma]] mariano, que proclama a María Santísima Nai de Deus. Como defensor da fe católica San Cirilo figura entre os grandes Padres orientais da escola de Alexandría. Faleceu en 444.
Liña 31:
* ''Tesouro da Santa e Consubstancial Trindade'': fronte aos [[arianismo|arianos]].
 
== Festa ==
 
Calendario romano e luterano: [[27 de xuño]] (''Novus Ordo'') e 9 de febreiro (''Vetus Ordo'').
Calendario grego:[[18 de xaneiro]] e [[9 de xuño]].
 
== Parroquias galegas ==
 
Titular dunha parroquia galega: San Cirilo de [[Recesende, Baralla|Recesende]], en [[Baralla]], [[Lugo]].
 
== Referencias ==
 
{{listaref}}
 
== Ligazóns externas ==
{{commons}}
* [http://www.vatican.va/holy_father/pius_xii/encyclicals/documents/hf_p-xii_enc_09041944_orientalis-ecclesiae_po.html Encíclica] do Papa Pio XII, sobre S. Cirilo, Patriarca de Alexandría. (en portugués)
* [http://www.ecclesia.com.br/Biblioteca/padres_da_igreja/s_cirilo_alexandria_sobre_maria.htm Discurso de San Cirilo de Alexandría pronunciado no Concilio de Éfeso sobre María](en portugués)
* [http://www.ecclesia.com.br/Biblioteca/padres_da_igreja/s_cirilo_alexandria_sobre_encarnacao.htm Diálogo sobre a encarnación](en portugués)
* [http://www.ecclesia.com.br/Biblioteca/padres_da_igreja/s_cirilo_alexandria_cometario_sobre_evangelho_sao_joao.htm Comentario sobre o Evanxeo de San Xoan](en portugués)
* [http://www.zenit.org/article-25009?l=spanish Benedicto XVI presenta a san Cirilo de Alexandría](en castelán)
* [http://www.archimeridabadajoz.org/parroquias/parroquia3/SANTORAL/cirilo_de_alejandria.htm Cirilo de Alexandría](en castelán)
Liña 59:
{{ succession box
| predecesor = [[Theofilo de Alexandría|Theofilo]]
| título = <br />[[Patriarca de Alexandría]]
| período = [[412]] - [[444]]
| sucesor = [[Dioscoro de Alexandria|Dioscoro]]
}}
{{End box}}
 
 
[[Categoría:Santos]]
Liña 77 ⟶ 76:
[[ca:Ciril d'Alexandria]]
[[cs:Cyril Alexandrijský]]
[[da:CyrilKyrillos af Alexandria]]
[[de:Kyrill von Alexandria]]
[[el:Κύριλλος Α΄ Αλεξανδρείας]]