Porto do Son, Noal, Porto do Son: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rocastelo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 8:
 
Porto do Son consta de varias praias, case todas rocosas: o Brañón e a Sagrada; e unha de area: o Cruceiro.
 
'''Historia'''
Dise popularmente que os primeiros habitantes deste lugar tiñan medo ó mar e por eso comezaron a construír a vila nun lugar chamado ''O Outeiro'', no pé do monte Dorde.
 
A tradición mariñeira da vila e a calidade e cantidade dos caladeiros fan que no século XIX se asenten na vila (e en todo e concello) diversas familias catalás que industrializan o lugar e traen un relativo progreso a estas terras.
 
A vila alcanza un gran apoxeo entre o século XIX e XX. O rei chega a conceder título de "villa" a este lugar. Coñécese entón como "Villa y puerto del Son". Existen nesta época moitas empresas que dan proba do apoxeo sonense, como o casino e o cine ou o astilleiro, que chega a construír un pequeno barco para viaxes trasatlánticas.