Diferenzas entre revisións de «Phaeophyceae»

editando
(fusion de feófito)
(editando)
[[Ficheiro:Leathesia_difformis.jpg|thumb|right|200px|''Leathesia difformis'']]
As '''algas pardas''' ou '''feófitos''' son un grupo de [[alga]]s pertencentes á clase '''Phaeophyceae''' no reino [[Protista]] de cor castaña. Son organismos multicelulares que antes eran clasificados coma plantas "non vasculares" no reino [[Vexetal]]. Comprende uns 265 xéneros cunhas 1.500-2.000 especies, principalmente mariños; só seis xéneros son de auga doce.
 
A maioría dos feófitos viven nas costas rochosas do mar das zonas temperadas e subpolares, dominando a [[zona intermareal]] coma no caso das [[Laminariales]] da costa de [[California]]. Tamén se presentan en formas flotantes libres, coma o ''[[Sargassum]]'', que forma grandes extensións no [[Mar dos Sargazos]]. Son os principais [[produción primaria|produtores primarios]] de varias comunidades de [[invertebrado|animais invertebrados]] e [[microbio]]s.
 
Xeralmente están diferenciadas en [[talo]] e mais pé. O talo dalgunhas formas pode estar provisto de un tamiz de tubos capaces de transportar auga e produtos da [[fotosíntese]], vestixios dos verdadeiros tecidos condutores (xilema e floema) das plantas superiores. Presentan [[clorofila]] [[clorofila a|a]] e [[clorofila c|c]] e [[xantofila]].
 
Son [[algas]] mariñas de cor castaña. Son os [[protoctista]]s de maior tamaño. Sábese de cerca de 1500 especies. A maioría dos feófitos viven nas costas rochosas do mar. Dominan na [[zona intermareal]]. Son os principais produtores primarios de varias comunidades de [[animais invertebrados]] e [[microbios]].
 
A súa reprodución é [[Reprodución sexual|sexual]]. Forman [[óvulo]]s e [[espermatozoo]]s [[biundulipodiado]]s, que teñen un [[undulipodio mastigonemado]] dirixido cara adiante e outro liso cara atrás. O [[óvulo]] fertilizado xermola en resposta a unhas determinadas condicións de luz. O [[organismo diploide]] que se desenvolve a partir do óvulo fertilizado recibe o nome de [[esporófito]].
25

edicións