Abrir o menú principal

Cambios

====Luís XVI====
[[Ficheiro:Ludvig XVI av Frankrike porträtterad av AF Callet.jpg|right|thumb|100px|Luís XVI de Francia]]
Nado en [[1754]], [[Luís XVI de Francia|Luís XVI]] ascende ó trono de Francia trala morte do seu avó [[Luís XV de Francia|Luís XV]] en [[1774]]. Casouse con [[María Antonieta de Austria|María Antonieta]] filla de [[Francisco I de Austria]] e a emperatriz [[María Teresa I de Austria|María Teresa]]. Durante o seu reinado crece o descontento popular, debido á escasez de alimentos e ás subidas dos prezos, debido á súa vez as malas colleitas que se sucedían desde o reinado de [[Luís XIV de Francia|Luís XIV]]. En [[1791]], tras varios levantamentos e a [[Toma da Bastilla]], se converte en [[monarquía constitucional|monarca constitucional]], tras xurar a nueva constitución, o seu título pasa a ser [[Reino dos Franceses|Rei dos franceses]]. Tras un intento de fuxida en [[1792]] e o ''[[Manifesto de Brunswick]]'', se proclama a [[Primeira República Francesa|República]] en Francia e é xuzgado por traizón e condenado á guillotina, onde morre o [[21 de xaneiro]] de [[1793]] poñendo fin a 203 anos de goberno dos [[Borbón|Borbones]]. O seu fillo [[Luís XVII de Francia|Luís Carlos]] morrerá na prisión do Temple e nunca chegou a reinar aínda que os monarquicos o recoñeceron como rei tras a morte de [[Luís XVI de Francia|Luís XVI]].
 
==Véxase tamén==
*[[Antigo Réxime]]
Usuario anónimo