Leucocito: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
Os '''leucocitos''' ou '''glóbulos brancos''' son un conxunto heteroxéneo de [[célula]]s sanguíneas que actúan como efectores celulares da resposta inmune. Interveñen na defensa do organismo contra substancias estrañas ou axentes infecciosos ([[antíxeno]]s). Orixínanse na [[medula ósea]] e no [[tecido linfático]].
 
Os leucocitos son [[células]] móbiles que se atopan no [[sangue]] transitoriamente. Forman a fracción celular dos [[elementos figurados]] do sangue. A diferenza dos [[eritrocitos]] (ou glóbulos vermellos), non conteñen pigmentos[[pigmento]]s, polo que se coñecen como '''glóbulos brancos'''.
 
Son células con [[núcleo celular|núcleo]], [[mitocondria]]s e outros [[orgánulo]]s celulares. Son capaces de se mover libremente mediante [[pseudópodo]]s. O seu tamaño oscila entre os 8 e 20 micras. O seu tempo de vida varía dende algunhas horas, meses e ata anos. Estas [[célula]]s poden saír dos vasos sanguíneos a través dun mecanismo chamado [[diapédese]] (prolongan o seu contido citoplasmático), o que lles permite desprazarse fóra do [[vaso sanguíneo]] e poder ter contacto cos tecidos do interior do corpo.