Bilateral (zooloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
pequeno arranxo
Liña 72:
 
== Filoxenia==
Hai cando menos dous superfilos de Bilaterais. Os ''[[deuteróstomo]]s'' que inclúen os [[equinodermo]]s, [[Hemicordado]]s, [[Cordado]]s e posiblemente algúns filos menores, e os ''[[protostomoprotóstomo]]s'' que inclúen o resto dos bilaterais, como [[artrópodo]]s, [[anélido]]s, [[molusco]]s, e outros seres vivos. Hai unha serie de diferenzas, principalmente na forma como o embrión se desenvolve. Unha das máis importantes consiste na apertura do embrión que tórnase en boca en protóstomos e [[Ano (bioloxía)|ano]] en deuteróstomos.
 
Moitos [[Taxonomía|taxonomistas]] recoñecen agora polo menos dous superfilos entre os protóstomos: ''Ecdysozoa'' e ''Lophotrochozoa''. Outros taxonomistas recoñecen tamén outro Superfilo dentro dos protóstomos chamado ''Platyzoa'', mentres que outros dicen que os Platyzoa están dentro dos Lophotrochozoa<ref>[http://users.rcn.com/jkimball.ma.ultranet/BiologyPages/I/Invertebrates.html The Invertebrate Animals]</ref> e outros non os inclúen en ningún Superfilo.