Explicación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
revisión ortográfica
mSen resumo de edición
Liña 1:
Os [[dicionario]]s definen o termo ‘explicar’'''explicar''' como declarar ou expor calquera materia, doutrina ou texto difícil, con palabras moi claras para facelos perceptibles.
 
O primeiro comentario que suxire dita definición refírese á aparición da palabra ‘expor’. De feito, explicar e expor son dous verbos que expresan conceptos relacionados estreitamente; ata o punto de que a miúdo se empregou explicación e [[exposición]] para facer referencia a unha mesma clase de secuencias. Pero non son o mesmo. Expoñer equivale a informar, é dicir, transmitir datos cun alto grao de organización e xerarquización; mentres que explicar é unha actividade que, partindo dunha base expositiva ou informativa necesariamente existente, se realiza con necesidade demostrativa.
 
A finalidade ou a intención da '''explicación''' é outra cuestión a tratar. Da definición previa de ‘explicar’ (expor... con palabras moi claras...) dedúcese que a finalidade da explicación é facilitar a comprensión ou o coñecemento do texto ou materia. Está claro, logo, que as secuencias explicativas non se limitan a informar ou expor, senón que queren facer comprender, pois a explicación é o texto didáctico por excelencia.
 
Tamén convén sinalar que a explicación non pretende transmitir conviccións nin condutas. A diferenza da [[argumentación]], que emprega estratexias retóricas adecuadas para convencer a alguén da bondade dunha [[tese]], a explicación é neutra e obxectiva e nela non hai vontade de persuadir, senón de facilitar os elementos necesarios para a doada comprensión.
Liña 10:
 
==Véxase tamén==
=== Outros artigos ===
*[[Descrición técnica]]
*[[Texto]]