Historia de Istambul: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elvire (conversa | contribucións)
m orde alfabetica nas categorías
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: mk:Историја на Истанбул; cambios estética
Liña 2:
 
[[Ficheiro:Bizansist touchup.jpg|thumb|600px|right|[[Istambul - İstanbul|Istambul]] en tempos do [[Imperio Bizantino]]]]
== Situación xeográfica ==
{{Artigo principal|Estreito do Bósforo}}
Quizais o lugar onde se asenta '''[[Istambul]]''' sexa o máis privilexiado da historia tal como ten pasado ata a época contemporánea. É un punto crucial: a divisoria natural entre [[Europa]] e [[Asia]], oriente e occidente, que ademais é o lugar de paso entre o norte e o sur, o [[Mar Negro]] e o [[Mediterráneo]]. Era case obrigado que aquí existise sempre unha cidade importante.
Liña 10:
De certo hai restos de poboamento tan antigos coma o home en ambas as dúas beiras do [[estreito do Bósforo]]. Ademais, á encrucillada vénse sumar o chamado [[Corno de Ouro]], unha enseada, magnífico porto natural, entrada de auga na parte europea dende o Bósforo, que deixa unha península dominando o acceso a aquel dende o [[Mar de Mármara]] polo sur. De feito, no lugar existía dende o [[século -XIII|século XIII aC]] un asentamento [[Tracia|tracio]], [[Ligos]].
 
== Bizancio ==
{{Artigo principal|Bizancio}}
[[Ficheiro:Constantinople_map_German.png|thumb|right|200px|Bizancio en cor máis escura]]
Liña 25:
De seguido deuse conta da importancia do lugar e mandou reconstruíla engrandecéndoa (dobre superficie dentro de novas murallas) e embelecéndoa con novas construcións (deu inicio ao [[hipódromo]]). A cidade recibiu o nome de '''Augusta Antonina'''<ref>[http://www.ideasapiens.com/roma/Bizancio/anexo_I_Constantinopla.jpg Plano de Constantinopla no século V]</ref>. Prosperou de novo; contaba con teatro e [[anfiteatro]] baixo a [[acrópole]] fortificada cara ao estreito; un ''stadion'' ou circo (''kynegion'') ao norte cara o Corno onde tamén estaba o ''strategion'' ou campo militar xunto a muralla á altura da actual ponte. Asemade tiña un ágora (''Tetrastoon'', catro [[stoa]]s) entre a acrópole e o hipódromo, onde tamén se situaban as chamadas Termas de Zeuxipo, o único que subsiste hoxe en día.
 
== Nova Roma: Constantinopla ==
{{Artigo principal|Constantinopla}}
[[Ficheiro:Aya sofya.jpg|thumb|right|250px|Hagia Sofía]]
No [[324]], a guerra civil entre [[Licinio]] e [[Constantino]] rematou coa derrota do primeiro e unha nova destrución das murallas da cidade. [[Constantino I o Grande]] investiuse coma único emperador e veuse na necesidade de resituar a capitalidade do Imperio ([[Roma]] estaba moi lonxe de oriente, chea de epidemias e intrigas). Bizancio era a mellor ubicación. Por outra banda, é preciso ter en conta que dende o [[Edicto de Milán]] no [[313]], o [[cristianismo]] era relixión oficial no imperio.
 
O plan da nova cidade ([[330|330 d.C.]]), que chamou '''Nova Roma''', superpúñase á de Septimio Severo no seu centro representativo, o remate do Hipódromo<ref> [http://pages.usherbrooke.ca/croisades/big_images/v_constantinople_hippodrome2.jpg Maqueta do Hipódromo de Constatinopla]</ref> <ref>[http://www.byzantium1200.com/hipodrom.html Reconstrución virtual do Hipódromo de Constantinopla]</ref>; un gran foro, o Augustaion, no lugar do Tetrastoon; e unindo ambos espazos públicos o Gran Pazo Imperial, coa súa porta cerimonial (Chalke) cara ao foro e o palco real (Kathisma) ao hipódromo. Ao norte do Augusteon, entre este e os templos pagáns da antiga acrópole mandou construír as primeiras [[igrexa (arquitectura)|igrexaigrexas]]s (primitivas Santa Irene e Santa Sofía polo seu sucesor [[Constantino II]], [[360|360 d.C.]]).
 
[[Ficheiro:Walls of Istanbul 06135.jpg|thumb|left|250px|Murallas de Constantinopla]]
Liña 37:
Para comezos do [[século V]], Constantinopla rebordara os seus muros, polo que baixo [[Teodosio II]] emprendeuse a construción dun novo cinto murario exterior ([[408]]-[[413|13]]). Eran 5.630 metros de soberbia fortificación entre o [[Mar de Mármara]] e o suburbio de Blanquernas no Corno de Ouro (onde se fixo unha pequena ampliación un século despois) para acoller unha crecente poboación (300.000 habitantes). A entrada cerimonial da cidade era a do sur, a magnífica Porta Áurea<ref>[http://www.messala.de/landmauer-konstantinopel.htm Artigo sobre as murallas de Constantinopla en lingua alemá]</ref>. Ademais estaban os 16 km de muralla do mar. Resistiu os ataques bárbaros e islámicos e a cidade foi inexpugnable ata [[1204]].
 
== Xustiniano ==
[[Ficheiro:Constantinople_center.svg|thumb|300px|Centro monumental de Constantinopla arredor do Gran Palacio|]]
O cénit deste primeiro esplendor da capital lógrase co goberno de [[Xustiniano I]] ([[527]]-[[565|65]]), onde Constantinopla xa é a meirande cidade do mundo (500.000 habitantes).
Liña 54:
En conxunto, un organismo urbano que permanecería no esencial intacto case que mil anos.
 
== Tempo das cruzadas: decadencia ==
[[Ficheiro:Byzantine Constantinople.png|thumb|right|250px|Plano da Constantinopla bizantina]]
Cos [[Comnenos]] no [[século XII]], Constantinopla viviu seu canto do cisne. Volveu a recuperar puxanza económica, política e artística. De novo foi brevemente a cidade maior do mundo.<ref>[http://www.byzantium1200.com/contents.html Monumentos de Bizancio, visita virtual]</ref> Aínda que as obras de arte máis notables do período sexan as musivarias é de destacar o Pazo das Blanchernas (Tekfur) xunto a muralla exterior e o Corno de Ouro <ref>[http://www.byzantium1200.com/tekfur.html Recreación virtual do Pazo de Tekfur]</ref>.
Liña 60:
Pero en [[1204]] o debilitamento do imperio era evidente e unha promesa incumprida foi a escusa para que os exércitos da [[Cuarta Cruzada]] tomasen e saquearan a cidade impoñendo un efémero [[Imperio Latino]]. A poboación decrecera drasticamente de 500.000 a menos de 100.000 habitantes e inda o faría máis (30.000) ata que o avance turco polo leste terminara co asedio e [[caída de Constantinopla]], e con ela, o dun moribundo [[Imperio Bizantino]].
 
== Imperio Otomán: Istambul ==
[[Ficheiro:Map of Constantinople (1422) by Florentine cartographer Cristoforo Buondelmonte.jpg|thumb|right|Mapa de Constantinopla (1422), polo cartógrado florentino Cristóforo Buondelmonte]]
[[Ficheiro:Sarayi Album 10a.jpg|thumb|left|120px|Sultán Mehmed II]]
Liña 75:
Pero o reto para a nova capital foi conseguir repoboala. Non foi senón pola forza que '''[[Istambul]]''' recuperou o seu pulo de grande cidade (para 1500 acadou os 200.000 habitantes).<ref>[http://historic-cities.huji.ac.il/turkey/istanbul/maps/braun_hogenberg_I_51_b.jpg Mapa de Bizancio].</ref>
 
== Suleimán e Sinan ==
[[Ficheiro:Fer - Veue de Constantinople.png|thumb|right|250px|Nicolas de Fer: Vista de Constantinopla, Paris 1696]]
[[Ficheiro:Topkapi Palace Bosphorus.JPG|thumb|250px|left|Pazo de Topkapi desde o Bósforo]]
Liña 84:
Despois de Sinan, seguindo o seu modelo, erixíronse moitas máis mesquitas, entre as que cabe salientar a célebre [[Mesquita Azul]] ([[1609]]-[[1616|16]]) que se alza xunto ao Hipódromo e Sta. Sofía na punta da península, compoñendo un cadro urbano único.<ref>[http://cache.eb.com/eb/image?id=93158&rendTypeId=4 Imaxe da Mesquita Azul na punta da península]</ref> A cidade voltaba a ser a maior do mundo.<ref>[http://historic-cities.huji.ac.il/turkey/istanbul/maps/jaspar_isac_before_1654_istanbul_b.jpg Plano de Istambul antes de 1654]</ref><ref>[http://historic-cities.huji.ac.il/turkey/istanbul/maps/scheffler_ca1730_istanbul_b.jpg Plano de Istambul circa 1730].</ref>
 
== Século XIX ==
[[Ficheiro:Dolmabahce.jpg|thumb|left|250px|Pazo de Dolmabahçe]]
Pero coa decadencia do Imperio Otomán, Istambul tamén perdeu pulo. Os [[século XVIII|séculos XVIII]] e [[século XIX|XIX]] supuxeron os dun adormecemento no que o organismo urbano do pasado bastaba para conter a cidade presente.<ref>[http://www.tooleys.co.uk/m07/e020.jpg Plano de Constantinopla no século XIX]</ref> Só cabe salientar algunha obra singular coma o [[Pazo de Dolmabahçe]] á beira do Bósforo. Dende a metade do século o centro da cidade moderna desprázase progresivamente cara ao norte do corno, máis aló dos barrios de Gálata e Pera (Beyoglu), coa rúa Istiklal coma eixo e a Praza Taksim coma foco<ref>[http://www.photoeurasia.com/pictures/maps/000/00/m/0016607m.jpg Plano de Constantinopla]</ref><ref>[http://archnet.org/library/images/one-image-large.jsp?location_id=2610&image_id=166715 Localización do barrio Beyoglu]</ref>. Para tal desenvolvemento precisábanse pontes sobre do corno e, por primeira vez na súa longa historia (houbera proxectos do sultán Bayaceto no [[século XVI|XVI]] mesmo con [[Leonardo da Vinci]]), dous tendéronse en sucesivas estruturas ao longo do XIX.
 
== Istambul contemporáneo ==
[[Ficheiro:Taksim Square.jpg|thumb|200px|Praza Taksim]]
[[Ficheiro:Bosphorus.jpg|thumb|400px|left|Ponte sobre o Bósforo.]]
Liña 104:
O desenvolvemento dun barrio de negocios con rañaceos tamén parecía obrigado e estase a erixir en Beksitas, ao norte de Beyoglu.
 
== Notas ==
{{Moitas referencias}}
== Véxase tamén ==
{{Commons|Category:History of Istanbul}}
=== Outros artigos ===
* [[Istambul]].
* [[Constantinopla]].
* [[Bizancio]].
* [[Imperio Otomán]].
* [[Turquía]].
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.iski.gov.tr/en-US/arasayfalar.php?sayfa=0-1&dosya=tarihce_1.phtm Historia da auga en Istambul] (en inglés).
* [http://www.sinanasaygi.com/en/ Páxina sobre a obra do arquitecto otomano Sinan] (en inglés).
* [http://www.ibb.gov.tr/en-US/Organization/MunicipalHistory/Pages/AnaSayfa.aspx Historia de Istanbul na páxina oficial do concello] (en inglés).
* [http://www.jordibusque.com/Index/Stories/Istanbul/Istanbul_01.html Istambul entre oriente y occidente].
{{DEFAULTSORT:Istambul}}
[[Categoría:Cidades de Turquía]]
Liña 128:
[[fa:تاریخ استانبول]]
[[hu:Isztambul története]]
[[mk:Историја на Истанбул]]
[[pt:História urbana de Istambul]]
[[tr:İstanbul'un tarihi]]