Alcoholismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: lv:Alkoholisms; cambios estética
Liña 7:
 
O consumo excesivo e prolongado desta sustancia vai obrigando ao organismo a requirir cantidades crecentes para sentir os mesmos efectos, a isto chámaselle "tolerancia aumentada" e desencadea un mecanismo adaptativo do corpo ata que chega a un límite no que se inviste a suposta resistencia e entón "asimila menos", por iso tolerar máis alcohol é en si un risco de alcoholización.
== Tratamento do Alcoholismo ==
Os tratamentos para poder combater o alcoholismo inclúen programas de desintoxicación realizados por institucións médicas. Isto pode supor a estancia do paciente durante un período indeterminado (quizais varias semanas), baixo tutela en hospitais especializados onde poida que se utilicen determinados medicamentos para evitar a síndrome de abstinencia. Despois do período de desintoxicación, pode someterse ó paciente a diversos métodos de [[Terapia de grupo]] ou [[psicoterapia]] para tratar problemas psicolóxicos de fondo que poidan levar ó paciente á dependencia. Ademais, pódese apoiar o programa con terapias que inciten ó paciente a repugnar o alcohol mediante [[fármaco]]s como o Disulfiram, que provoca fortes e repentinas resacas sempre que se consuma alcohol.
 
Liña 14:
Nos anos [[anos 1990|90]], os grupos de consultas de autoaxuda foron adquirindo notoriedade polos seus logros. Esta fama chega ata os nosos días (en [[2007]]), sendo [[Alcohólicos Anónimos]], quizais, o exemplo máis significativo deste movemento.
 
== Impacto social ==
[[Ficheiro:Imlauer Ihr zu Fuessen 1883.jpg|thumb|right|Ilustración dun alcohólico]]
Os problemas sociais que se derivan do alcoholismo poden incluír a perda do posto de traballo, problemas financeiros, conflitos conxugais e [[divorcio]]s, condenas por crimes tales como condución baixo a influencia do alcohol, desordes públicas ou malos tratos, marxinación, falta de respecto de xente que chega a ver o alcoholismo como un mal que o alcohólico se inflixe a si mesmo e que ven como facilmente evitable. Estudos exhaustivos, incluíndo os do doutor [[Wayne Kritsberg]] mostran que o alcoholismo non só afecta ós alcohólicos senón que pode afectar profundamente ós familiares que estean ó seu arredor. Os fillos de alcohólicos poden verse afectados ata logo de acadar a madurez. Esta situación coñécese habitualmente co nome de "The Adult Children of Alcoholics Syndrome". ''ALANON'', un grupo formado a partir do modelo de [[Alcohólicos Anónimos]], ofrece axuda a amigos e familiares membros de familias alcohólicas.
Liña 20:
Nos colexios sobre todo a nivel de secundaria preséntase gravemente este problema, cada vez é máis baixa a idade en que se inician no consumo do alcohol e moitos é só para mostrar "valor" ante os seus amigos.
 
== Farmacoloxía ==
A diferenza da desintoxicación de opiáceos como a [[heroína]], que pode ser moi desagradable, e en raras ocasións con fatais consecuencias, deixar o alcohol pode chegar a matar ó enfermo se non ten un tratamento médico axeitado. O método farmacolóxico de desintoxicación para alcohólicos baséase no feito de que o [[alcohol]], [[barbitúrico]]s e ''[[benzodiazepina]]s'' provocan efectos bastante similares no cerebro, e polo tanto, uns poden substituír ós outros. Debido a que as benzodiazepinas son as drogas máis seguras das tres, interrómpese a inxestión de alcohol que se substitúe por algunha ''benzodiazepina'' de longa duración, por exemplo o Valium® co fin de controlar o [[síndrome de abstinencia]].
 
Outros fármacos que se empregan para o tratamento do alcoholismo son Disulfiram e Naltrexone. Empréganse para mellorar o acatamento do réxime de abstinencia e estándares da farmacopea tales como anti-depresivos, ansiolíticos e outros psicotrópicos que se usan para tratar desordes profundas no estado anímico, neurose e psicose asociadas ós síntomas que padecen os alcohólicos.
Antigamente o alcoholismo o considerabamos como unha situación na que só se involucraban os adultos, pero na actualidade o alcoholismo nun 80% estase presentando nos adolescentes, en especial universitarios.
== Cálculo do consumo excesivo de alcohol ==
 
Existe unha sinxela fórmula para pescudar se se está consumindo unha cantidade excesiva de alcohol cos prexuízos que iso supón, mediante o cálculo dos gramos de alcohol. Esta fórmula consiste en multiplicar a cantidade de bebida en ml ou cc polo número de graos de alcohol e por 0,8, e este resultado divídese entre 100 para coñecer os gramos de alcohol da bebida en cuestión.
Liña 31:
Considérase un consumo excesivo diario, 40 gramos de alcohol en homes, debido á súa maior tolerancia ao alcohol, e 20 gramos de alcohol en mulleres.
 
== Alcoholismo e predisposición xenética ==
Recentemente un estudo da Universidade de Granada titulado "Alcoholismo e drogadicción" di demostrar que existe unha predisposición [[xenética]] no desenvolvemento da enfermidade do alcoholismo debido a unha deficiencia na produción de [[endorfinas]] de carácter hereditario que podería ser un condicionante no desenvolvemento desta enfermidade.
 
* [[Beneficios do consumo moderado de alcohol]]
* [[Bebida alcohólica|Bebidas alcohólicas]]
* [[Defectos de nacemento Relacionados co Alcohol]]
* [[Ebriedade]]
* [[Tabaquismo]]
* [[Delirio]]s
== Ligazóns externas ==
* [http://www.medicalcriteria.com/es/criterios/dsm_alcoholdep_es.htm Criterios Diagnóstico para a Dependencia do Alcohol (DSM-IV)], MedicalCriteria.com
* [http://www.greenfacts.org/es/alcohol/index.htm Consumo de alcohol, saúde e sociedade], resumo realizado por GreenFacts dun informe da [[OMS]]
Liña 46:
* [http://www.psicologia-online.com/autoayuda/alcoholismo/index_familiares.htm Guia de orientación a familiares do enfermo alcohólico]
* [http://www.20minutos.es/noticia/148764/ O alcoholismo ¿hereditario?] Diario 20 minutos
[[Categoría:Psicoloxía]]
{{Link FA|vi}}
[[Categoría:Sociedade]]
 
{{Link FA|hr}}
{{Link FA|vi}}
 
[[Categoría:Psicoloxía]]
[[Categoría:Sociedade]]
 
[[ar:إدمان كحولي]]
Liña 84 ⟶ 83:
[[la:Alcoholismus]]
[[lt:Alkoholizmas]]
[[lv:Alkoholisms]]
[[mk:Алкохолизам]]
[[mr:मद्यपाश]]