Hans Christian Ørsted: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: substituír 'Copenhague' por 'Copenhaguen'
Liña 1:
[[Ficheiro:Ørsted.jpg|thumb|right|Hans Christian Ørsted]]
'''Hans Christina Ørsted''', nado en [[Rudkøbing]] en [[1777]] e finado en [[CopenhagueCopenhaguen]] en [[1851]], foi un físico e químico [[Dinamarca|dinamarqués]]. O seu descubrimento do [[campo magnético]] nas proximidades dunha [[corrente eléctrica]] en [[1820]] é a orixe do [[electromagnetismo]]. Construíu un [[pezómetro]] para estudar a [[compresibilidade]] dos [[líquido]]s e dos [[sólido]]s en [[1822]].
 
Foi un grande estudoso do electromagnetismo. En [[1813]] agoirou a existencia dos fenómenos electromagnéticos, o cal non ficou demostrado até 1819, xunto con Ampere, cando descubriu a desviación dunha [[agulla]] imantada ao ser colocada en dirección perpendicular a un condutor, polo que circula unha corrente eléctrica, demostrando así a existencia dun campo magnético arredor de todo condutor atravesado por unha corrente eléctrica, e iniciándose dese modo o estudo do electromagnetismo. Este achado foi crucial no desenvolvemento da [[electricidade]], xa que puxo en evidencia a relación existente entre a electricidade e o [[magnetismo]]. Ørsted é a unidade de medida da relutancia magnética. Crese que tamén foi o primeiro en illar o [[aluminio]], por [[electrólise]], en [[1825]], e en [[1844]] publicou o seu ''Manual de Física Mecánica''.