Bilateral (zooloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Filoxenia: pequeno erro
pequeno arranxo
Liña 66:
 
 
Os '''bilateralesbilaterais''' ('''Bilateria''') son os [[animalia|animais]] con simetría bilateral, na cal o organismo é simétrico respecto a un plano (''plano saxital'') que divide o corpo en dúas metades idénticas en espello. Polo tanto, estes seres teñen unha parte dianteira e unha extrema traseira, así como unha alta e outra baixa. Este tipo de simetría é o máis estendido no [[Animalia|reino animal]].
 
Os animais evolutivamente máis primitivos e que teñen un tipo de vida sedentario posúen unha [[simetría radial]] en cambio os animais que teñen unha vida activa precisan da [[simetría bilateral]] para poder desenvolver as súas actividades. Para os animais [[Radiado|radiados]] un lado do animal é tan importante como calquera outro pero se o individuo é activo precisa estar en busca de alimento, refuxio, lugares de repouso, e compañeiros de reprodución, todo isto require un conxunto de estratexias e dunha organización nova do corpo cunha forma alongada, con cabeza (anterior) e rematando nunha cola (posterior), en definitiva, unha estrutura bilateral do corpo.