Diferenzas entre revisións de «Abetouro común»

m
bot Engadido: mn:Усны бухшувуу; cambios estética
m (bot Engadido: fy:Reiddomp)
m (bot Engadido: mn:Усны бухшувуу; cambios estética)
O '''abetouro común''' (''Botaurus stellaris'') e unha ave da familia das garzas ([[Ardeidae]]).
 
== Descrición ==
Unha miga meirande ca un galo doméstico: ata 76 cm de lonxitude e 1,35 kg de peso. A envergadura das ás chega ós 130 cm. Ten aspecto gordecho, co pescozo gordo e patas curtas. O peteiro, relativamente curto, é forte e de cor amarela agrisada. A plumaxe está finamente listada de negro, castaño e branco.
A plumaxe castaña e manchada sérvelle para mimetizarse moi ben nos canavais. Cando sente a proximidade dun intruso, fica quieto co bico apuntando cara arriba e móvese coma unha planta abaneada polo vento. Nesta posición pode aguantar ata que o intruso está moi preto.
A chamada de cortexo dos machos, que recorda o muxido dun touro, pode escoitarse a quilómetros de distancia
 
== Distribución ==
Cría dende [[Portugal]] ata [[Xapón]] e á illa de [[Saxalín]]. No sur vive dende o noroeste de [[África]] ata [[Irán]], [[Afganistán]] e ata a península de [[Corea]].
No continente europeo aniña na [[Europa meridional]] e [[Europa central|central]]. Na [[Península Ibérica]] aniña no centro e no sur, en [[Galiza]] actualmente pode considerarse como moi raro.
 
== Hábitat ==
Vive en zonas acuáticas coma lagos, pantanos e estanques. Precisa vexetación con zonas de canavais e xunqueiras mestas, polas que se despraza axilmente, nas que fai o niño e onde atopa abeiro. Para alimentarse precisa zonas de vexetación baixa á beira da auga ou augas abertas
 
[[Ficheiro:Bak Botaurus stellaris Poznan ZOO.jpg|300 px|left|thumb|Abetouro no zoo de [[Poznan]]]]
== Reprodución ==
Os machos son polígamos e non se ocupan de chocar ou alimentar ós polos. Sábese de machos que se aparellan con ata sete femias reprodutoras. A época de face-lo niño varía mesmo entre as aves que viven na mesma área. Constrúeno en zonas de mato espeso, con canas e xuncos, e cóbreno con follas e herba seca. O diámetro é duns 50 cm e a altura duns 30. Poñen entre 3 e 7 ovos, nun período de entre 2 e 3 días entre a primeira e a última posta. A femia comeza a chocar en poñendo o primeiro. Incuban ámbolos dous membros da parella, aínda que o macho o fai en poucas ocasións. Os pitos rompen a casca despois de 25 ou 26 días de incubación, e comezan a saír do niño dúas ou tres semanas despois, aínda que ata que teñen máis de dous meses non poden voar, momento no que a familia se separa.
 
== Status ==
A súa poboación está en forte regresión en [[Europa]] a causa da desaparición das zonas húmidas. A drenaxe de moitas zonas de nidificación e a falta de vexetación palustre ameazan a súa supervivencia. A isto hai que sumarlle as molestias que lles causan as actividades lúdicas que teñen lugar nas súas áreas de cría (foxen deseguida das zonas frecuentadas) e, nalgunhas zonas, a caza. Entre 1970 e 1990 a poboación europea reduciuse nun 20%.
 
== Nome común noutras linguas ==
* Danés: Rørdrum
* Alemán ; Rohrdommel
* Inglés: Great Bittern
* Español :Avetoro
* Francés: Butor étoilé
* Húngaro: Bölömbika
* Italiano: Tarabuso
* Neerlandés; Roerdomp
* Ruso: Bolxaia vyp’
 
[[Categoría:Ardeidae]]
[[la:Botaurus stellaris]]
[[lt:Didysis baublys]]
[[mn:Усны бухшувуу]]
[[ms:Burung Pucong Danau]]
[[nl:Roerdomp]]
76.010

edicións