Guerra do Peloponeso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: sq:Lufta e Peloponezit
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: uk:Пелопоннеська війна; cambios estética
Liña 1:
A '''guerra do Peloponeso''' designa o conflito que durou de [[-431]] a [[-404]], enfrontando a [[Atenas]], que transformara a [[liga de Delos]] (destinada na súa orixe a resistir aos [[Persas]]) nun imperio sometido ao seu poder, e a [[Esparta]], potencia oligárquica e conservadora, cuxo exército terrestre era a forza militar máis poderosa da época, e que dirixía a [[Liga do Peloponeso]], así como a [[Beocia]].
 
== Causas da guerra ==
 
=== Segundo Tucídides ===
 
Segundo o historiador ateniense [[Tucídides]], unha das causas da guerra foi a ascensión e o poderío crecente de Atenas que causaba aos [[espartiatas]] temores sobre a súa propia posición. Podemos engadir a isto a oposición de sistema entre a oligárquica Esparta, onde un reducido número de cidadáns vivían no temor da revolta dos seus escravos, e que aparece como pouco florecente, e a demócrata [[Atenas]], que vivía do comercio. [[Esparta]] posuía a potencia terrestre, Atenas dirixía unha [[talasocracia]] grazas á [[Liga de Delos]]. Para atoparmos as causas do desencadeamento da guerra cómpre botar man ademais do xogo das alianzas.
 
=== O conflito con Corinto ===
[[Ficheiro:Map Peloponnesian War 431 BC-fr.svg|thumb|250px|align|left|A guerra do Peloponeso]]
 
Liña 20:
A Liga do Peloponeso sumaba 40.000 hoplitas, en tanto a Confederación apenas chegaba aos 10.000. Pero en cambio, tiña moitos máis recursos financeiros, unha grande flota e estaba moi ben defendida. Ademais, Pericles non se propoñía enfrontarse co exército, senón efectuar desembarcos rápidos en puntos concretos para ir desgastando o inimigo.
 
Atenas xa adquirira unha importante base naval occidental ao se apropiar en [[-456]] de [[Naupacto]], na entrada oeste do golfo de Corinto. Corinto, membro da Liga do Peloponeso, fixo presión sobre a súa antiga colonia de Potidea para que abandonase a Liga de Delos. [[Potidea]], situada sobre o estreitamento da punta occidental da [[Calcídica]], na costa [[Tracia|tracia]], abandonou a Liga de Delos en [[-432]], tras un acordo secreto con Esparta. Este acordo estipulaba que en caso de conflito entre Potidea e Atenas, Esparta había invadir a Ática.
 
Os atenienses enviaron unha forza para asediala, mentres que [[Corinto]] enviaba auxilio.
 
=== Outras fontes de litixio ===
 
[[Atenas]] procurouse outra inimiga, [[Mégara]], ao lle prohibir exportar cara á Ática. Esta reprochoulles que acollesen os escravos fuxitivos ([[Mégara]] é veciña de Atenas, no istmo de Corinto) e axudasen ao seu adversario [[Corinto]]. Esta cidade, como Corinto, apelaron a [[Esparta]], que mobilizou a [[Liga do Peloponeso]] e declarou a guerra aos atenienses. Durante o verán de [[-431]], invadiron a [[Ática]].
 
== A guerra de Arquídamo ==
 
Os dez primeiros anos de guerra (coñecidos co nome de «guerra de Arquídamo» ou «guerra arquidámica», do nome de [[Arquídamo II]], [[reis de Esparta|rei espartiata]] (morto en [[-426]]) que dirixiu a incursión na [[Ática]]) non comportaron acontecemento decisivo ningún. As forzas dos dous campos equilibrábanse, ao non ter Atenas rival por mar, e ao posuír Esparta os mellores [[hoplitas]]. Os aliados das dúas cidades aportaban forzas de apoio.
 
Desde antes do seu comezo, a guerra parecía que ía durar, xa que ningún dos dous campos podía razoabelmente esperar obter unha vitoria decisiva. As estratexias dirixíronse dunha parte aos aprovisionamentos de trigo (indispensábeis nunha guerra longa) e, por outra, ao debilitamento progresivo do adversario polas marxes, é dicir, os aliados máis débiles, sexa mediante a obtención da súa defección dunha maneira ou doutra, sexa por asedio. A regularidade dos aprovisionamentos de trigo era crucial sobre todo para Atenas, pois Esparta non tiña que temer a fame mentres os [[hilota]]s non se rebelasen. Con todo, Esparta podía ter medo polos seus aliados. Os aprovisionamentos de trigo de Atenas viñan sobre todo de [[Eubea]], probabelmente completados por compras en [[Exipto]], e ao principio da guerra por algúns cargamentos vidos da [[Propóntide]] ([[Crimea]]). Esparta dispoñía de aliados en [[Sicilia]], rica produtora. Para vencer, cada bando debía manter os seus aprovisionamentos á vez que cortaba os do adversario.
Liña 36:
Os tebanos tentaron apoderarse de Platea, pero a operación resultou un desastre e os atacantes foron aniquilados. Esparta considerouse obrigada a responder e mandou un exército cara a Ática. Pericles non se limitou a organizar a defensa, senón que enviou unha flota que conquistou a illa de Cefalonia. Logo, devastou Mégara e o seu territorio circundante. Antes, xa ocupara Exina, que colonizou con xentes da Ática. Pero declarouse unha epidemia de peste en Atenas e unha facción tratou de chegar a un acordo cos espartanos e logrou poñer a maioría dos cidadáns en contra de Pericles, co que este veuse na obriga de dimitir como estratego. Pero os seus partidarios contraatacaron, e lograron unha nova reelección, aínda que pouco despois Pericles falecía.
 
=== Unha guerra de asaltos ===
 
Os [[espartiatas]] que invadiron e arrasaron a Ática en [[-431]] atoparon un país deserto. Como os efectivos de hoplitas atenienses eran moi inferiores aos de Esparta, [[Pericles]], estratego por décimo terceira vez, fixo que os atenienses se gorecesen tras os Muros Longos. A cidade abastecíase por mar. Tras un mes de ataque, os espartiatas volveron ás súas casas; os atenienses asaltaban, grazas á súa flota, as costas do Peloponeso. Esparta arrasou a Ática cinco veces nos sete primeiros anos da guerra. [[Atenas]] invadiu a veciña [[Megáride]] dúas veces ao ano.
Liña 55:
En [[-426]] [[Demóstenes (estratego)|Demóstenes]] inflixiu dúas derrotas aos peloponesios en [[Anfiloquia]] e en [[Olpe]].
 
=== Cleón e Brásidas ===
 
O principal éxito de [[Atenas]] foi a toma de [[Pilos]] na costa occidental da [[Mesenia]] en [[-425]] asía como o masacre ou a captura de 420 [[hoplitas]], entre os que había cento vinte espartiatas, en [[Esfacteria]], acontecemento que provocou grande estupor en toda [[Grecia antiga|Grecia]] e destruíu a reputación de invencibilidade dos espartiatas. Entre estes hoplitas, atopábanse numerosos Iguais. Con todo, malia o éxito, a situación financeira de Atenas degradábase, e o tesouro de Delos estaba esgotado. O tributo dos aliados foi elevado brutalmente a 1300 [[talento]]s ao ano (no canto de 450) polo decreto de [[Todipo]], pero as defeccións reduciron o seu produto a arredor de 1000 talentos. Unha expedición exitosa a Eubea permite unha distribución de trigo aos cidadáns en [[-424]].
Liña 67:
As vitorias de [[Atenas]] ofrecéronlle unha posición avanzada permanente no territorio inimigo, pero os reveses contra Brásidas e a morte de [[Cleón]] supuxeron a vitoria do partido da paz. [[Esparta]] abandonou as súas incursións anuais á Ática e fixo propostas de paz.
 
=== A paz de Nicias ===
 
A paz de [[Nicias]] foi acordada en [[-421]]. Ao establecer unha paz para cincuenta anos, devolveu todo ao ''[[statu quo]] ante bellum''. Isto foi un éxito para [[Atenas]], que conservaba o seu imperio intacto mentres que
Liña 77:
Tanto en Atenas como en Esparta non tardaron en formarse faccións contrarias ao tratado de paz. Foi o ateniense Alcibíades quen se dedicou incansablemente a socavar o poder espartano por toda a Grecia e no mesmo Peloponeso, e forzou a ruptura con motivo dun conflito menor. Axis, rei dos espartanos, ofreceu unha nova tregua, pero un exército confederado penetrou deica o corazón do Peloponeso e tomou Texea, na Arcadia, non lonxe de Esparta. O enfrontamento era inevitábel e o propio Axis logrou unha resoante vitoria en Mantinea. En Atenas, foron moitas as voces contrarias a Alcibíades pero ao cabo foi o artífice do xiro da política ateniense e do novo rumbo que tomou a guerra.
 
== A segunda parte da guerra ==
 
A creación da liga de Argos supuxo a disgregación da Liga do Peloponeso. Os atenienses, baixo a influencia de [[Alcibíades]], aliáronse coa [[Élide]], [[Mantinea]] e [[Argos]], en conflito con [[Esparta]]. Os aliados atacaron [[Epidauro]] e avanzaron sobre [[Texea]], e [[Esparta]] mobilizouse contra eles.
Liña 87:
Tal é o derradeiro acontecemento da «paz» precaria de [[-421]]-[[-415]], segundo a describe Tucídides.
 
=== A expedición a Sicilia ===
 
En [[-415]], baixo a influencia de [[Alcibíades]], [[Atenas]] lanzouse á expedición de [[Sicilia]], á que Nicias se opuña. [[Atenas]] respondía á chamada de Sexesta, atacada por [[Selinunte]] en [[-416]]. [[Siracusa]], [[colonización grega|colonia]] corintia, era aliada de Selinunte. Sexesta apelou a [[Atenas]], ofrecéndose mesmo a pagar os custes da expedición. Nese momento da guerra, a perda de Eubea e a defección de numerosos aliados de Atenas deixaran en precario os seus aprovisionamentos de trigo. A perspectiva de cortar os dos aliados de Esparta, á vez que se conquistaban novas fontes de avituallamento, foi certamente un elemento determinante.
Liña 101:
''Ver [[expedición de Sicilia]]''
 
=== O triunfo de Lisandro ===
 
A impopularidade de [[Atenas]] medrou, e so quedaron fieis as cidades de Lesbos e Samos. Aquí foi onde se botou unha nova flota ateniense. En [[-412]], as cidades de Xonia, para as que se constituíra a Liga de Delos, fixeron defección, precedidas nisto por Quíos.
Liña 107:
En [[-411]] ten lugar un golpe de estado [[oligarquía|oligárquico]] en [[Atenas]]. Os Catrocentos piden a paz a Esparta. Pero o exército e a flota rexeitan recoñeceren o cambio e, ao cabo de catro meses de existencia, o réxime oligárquico é revocado. Eubea sublévase, e os espartiatas conseguen unha vitoria naval en [[Eretria]].
 
Entón Alcibíades é chamado de novo e obtén tres vitorias navais contra os espartiatas en [[Batalla de Cinosema|Cinosema]], [[Batalla de Abidos|Abidos]] en [[-411]], e logo en [[Batalla de Cízico|Cízico]] en [[-410]]. [[Atenas]] rexeita entón unha proposición de paz espartiata. Alcibíades retoma o control dos Estreitos ([[Asedio de Bizancio|asediando]] e tomando Bizancio en [[-409]]), logo resulta novamente exiliado tras a desfeita de [[Batalla de Nocio| Nocio]].
 
[[Esparta]] obtén o apoio do rei dos Persas, que envía ao seu fillo [[Ciro]]. Este xúntase con [[Lisandro]], o navarca espartiata, e concédelle unha importante axuda financeira. En [[-406]], [[Calicrátidas]], sucesor de Lisandro, bate a [[Conón]]. [[Atenas]] recupérase, nun último impulso, prometendo a cidadanía aos [[meteco]]s e aos escravos para constituír unha flota que bate a Calicrátidas na [[Batalla das illas Arxinusas]], pero con moi graves perdas, que causan a condena a morte de todos os estrategos atenienses á súa volta.
Liña 113:
Lisandro, substituíndo a Calicrátidas morto nas Arxinusas, retoma o mando da flota espartiata. A flota ateniense, en posición nos [[Dardanelos]] co fin de garantir a ruta do trigo procedente do [[Mar Negro]], é sorprendida e destruída na [[Batalla de Egospótamos]]. As últimas fontes de avituallamento de [[Atenas]] desaparecen coa súa flota. Atenas tenta resistir desesperadamente: ofrece o dereito de cidadanía aos [[Illa de Samos|samios]], derradeiros aliados fieis, e consolida as súas fortificacións. Pero, sometida ao bloqueo terrestre e marítimo, desfeita pola fame, debe capitular en [[-404]].
 
== Consecuencias ==
 
A paz obriga a [[Atenas]] a disolver a [[Liga de Delos]], a destruír os [[Muros Longos]] e as fortificacións do [[Pireo]] e a licenciar a súa flota, agás doce naves. Entra na [[Liga do Peloponeso]] e a democracia é substituída pola tiranía dos [[Os Trinta|Trinta]].
Liña 171:
[[sv:Peloponnesiska kriget]]
[[tr:Peloponez Savaşı]]
[[uk:ПелопонеськаПелопоннеська війна]]
[[zh:伯罗奔尼撒战争]]