Teoría científica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TobeBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ckb:بیردۆز
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ku:Bîrdoz; cambios estética
Liña 1:
Unha '''teoría científica''' é unha [[explicación]] ou [[descrición]] (verdadeira ou falsa) conseguida a partir de observacións ou [[experimento]]s que previamente numerosos [[científico]]s comprobaron dando estas observacións un resultado positivo. Se un só destes experimentos comprobase que dá un resultado negativo a teoria descartaríase. As teorías enfróntanse a un problema en canto a definición, e isto é debido á diversidade de definicións que se lle deron, por isto presenta certa ambigüidade.
 
== Etimoloxía ==
A palabra deriva do grego ''theoreîn'', "observar". De acordo con algunhas fontes, ''theoreîn'' era frecuentemente utilizado no contexto de observar unha escena teatral, o que quizá explica o porqué algunhas veces a palabra teoría é utilizada para representar algo provisional ou non completamente real
 
== Clasificación das teorías científicas ==
As teorías poden clasificarse de dúas maneiras distintas segundo a súa forma:
* 1. Teorías formais que se dividen en [[lóxica]] e [[matemáticas]].
* 2. Teorías empíricas que se dividen en [[física]]s, naturais e sociais.
 
A teoría formal pode ser máis precisa, pero afástase da realidade porque a abstrae, mentres que a teoría empírica é máis inexacta, pero garda maior relación coa realidade.
 
== Pasos para formular unha teoría (o metodo científico) ==
A definición de [[Francis Bacon]] sobre modelo científico (pasos posteriores á formulación dunha teoría): En termos xerais, os científicos deben seguir unha sistematización para obter unha dedución válida acerca de algo. Esta sistematización resúmese nos pasos do método científico.
 
Liña 28:
Na experimentación controlada débense ter dous grupos de proba: un suxeito chamado grupo de control ou grupo testemuña, e outro chamado grupo experimental. O grupo de control e o grupo experimental, son sometidos ás mesmas condicións, excluíndo a variable que se elixiu para o estudo. O grupo de control non é sometido á variable, só se somete ao grupo experimental. Obsérvanse os resultados e rexístranse as diferenzas entre ambos os grupos. Se o investigador nota unha diferenza entre ambos os grupos, entón pode deducir unha resposta. Conforme a investigación avanza, as hipóteses falsas rexéitanse unha a unha, ata obter a resposta máis plausible de todas as hipóteses que se presentaron inicialmente. Cando a hipótese se verifica, entón procésase a declaración final, que en ciencias se chama teoría. Se a teoría se verifica como verdadeira en todo tempo e lugar, entón é considerada como [[Lei científica|lei]].
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Modelo científico]]
* [[Hipótese]]
* [[Método científico]]
* [[Axioma]]
* [[Sistema formal]]
 
[[Categoría:Método científico]]
Liña 66:
[[kk:Теория]]
[[ko:이론]]
[[ku:Bîrdoz]]
[[lt:Teorija]]
[[lv:Teorija]]