Adelán, Alfoz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 16:
 
==Monumentos==
Nesta parroquia existen varios monumentos que se poden visitar (aínda que nalgúns é necesario concerta-la visita antes de efectuala). O primeiro está situado na aldea do Coto. É a '''Capela dos Remedios e de San Rosendo'''. Esta capela ten unha soa nave, coa sancristía na parte posterior e con cuberta a dúas augas; arco adintelado na entrada e, culminando a fachada, unha pequena espadana dun vaovan. No interior hai retablo con esculturas.
 
Os seguintes tres monumentos atópanse na aldea da Igrexa. O primeiro deles é a '''Igrexa parroquial de Santiago de Adelán'''. A igrexa actual é o froito dunha serie de intervencións ao longo dos seculos. Do [[século XII]] consérvanse algúns elementos, aínda que a parroquia xa existía no [[século VII]] (outras testemuñas din que hai documentos que tamén se refiren á parroquia de San Vicente de Lagoa do mesmo século) e hai autores que datan a portada no século X, pero o resto da construción é do [[século XVII]]. Ten tres naves separadas por arcos de medio punto e a sancristía situada detrás da cabeceira. A fachada principal conserva a portada románica, con arco de medio punto con dúas arquivoltas e columnas con capiteis figurativos; son curiosas as [[base (arquitectura)|bases]], que son en realidade [[capitel|capiteis]] invertidos, o que fai cavilar na reutilización de elementos arquitectónicos anteriores. Ten espadana de dous vaosvans e consérvanse retablos no interior.
 
O segundo dos monumentos é a '''Torre de Adelán'''. Ao estar en propiedade privada non é visitable. Axardinado e cercado, cun muro de pedra e a entrada cunha enmarcadura na porta dun arco. Encóntrase nas proximidades da igrexa parroquial. Posúe dous corpos: un cadrangular con cuberta a catro auguas e con solaina de pedra, e o outro constituído por diversas pezas almeadas que representan a Torre. Empregouse canteiría na torre e nunha fachada principal. A construción é sólida, perfectamente coidada e cun escudo da familia.
Liña 24:
Tamén nesta localidade está a '''Casa do Pazo de Adelán''' que é de propiedade privada non visitable. Encóntrase nunha finca situada nunha zona chá e rodeada de suaves outeiros boscosos. Antes estaba amurallada e agora está dividida polas pistas rurais que a atravesan. A planta ten forma de L, formada por unha torre no ángulo e dous corpos engadidos. Está fabricada de cachotería de granito, ten un patín de pedra orientado ao poñente. Posúe unha torre de tres plantas.
 
A '''Casa Grande de Cadeirido''', construída nunha zona da aldea do mesmo nome, tamén é unha propiedade privada non visitable. Ten frondosos bosques próximos e fermosas vistas sobre o val do Río de Ouro. Non está amurallada. Do antigo conxunto só queda a torre, case cadrada e de tres alturas, cos edificios engadidos máis baixos. Ten cuberta de lousa negra. Na súa construción empregouse cachotería de granito e canteiría nos esquinais, vaosvans, cornixas, etc. da Torre. O corpo engadido na zona Norleste presenta unha porta con arco cego de medio punto apoiado sobre zapatas e dúas grandes pedras cunha aguia e un año tallados.
 
O '''Pazo da Escoura''', de planta en escuadra con torre no ángulo, muros de cachotería e cuberta de laxas. Está formado por tres volumes: as duas ás de dúas plantas e a torre de tres. Os novos volumes engadidos distorsionaron a imaxe do edificio orixinal. Na fachada posterior existe unha escaleiriña que daba acceso a unha galería.