Xoán Abeleira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de Opensamentoraposo (conversa); cambiado á última versión feita por Alfonso Márquez
Sen resumo de edición
Liña 22:
 
===Regreso á Coruña===
En 1999 trasládase á [[Coruña]]. Esa volta ó país onde naceran os seus pais impúlsao a tomar a decisión de escribir exclusivamente en galego. A partir dise momento publica ''Magnalia'' (un “libro de artista” creado coa poeta [[Olga Novo]] e a pintora e poeta [[Alexandra Domínguez]]), ''Animais Animais'' (con dúas versións distintas: unha en Espiral Maior e outra, bilingüe e ampliada, en Bartleby Editores), unha nova versión da serie ''As aventuras de Nunavut'', e un ensaio lírico e fotográfico verbo da obra e da figura de [[Manfred Gnädinger]], “o alemán de Camelle”, titulado ''A pegada de Man''.Recentemente participou na dobre estrea (A Coruña e Vigo) do concerto "Música para un Ouveo"-"Música para un Aullido", unha obra para quinteto e recitador creada polo compositor galego Borja Costa a partir do célebre poema de Allen Ginsberg e traducida ó galego e ó castelán e interpretada polo propio Abeleira.
 
 
O seu labor coma tradutor abarca xa máis dunha trintena de nomes, entre os que salientan os de [[Rimbaud]], [[Guillaume Apollinaire|Apollinaire]], [[André Breton|Breton]], [[Robert Desnos|Desnos]], [[René Char|Char]], [[Antonin Artaud|Artaud]], [[Henri Michaux|Michaux]], [[Jean-Joseph Rabearivelo|Rabearivelo]], [[Claude Esteban|Esteban]], [[Yves Bonnefoy|Bonnefoy]], [[Mary Shelley|Shelley]], [[Jack London|London]], [[John Berger|Berger]], [[Allen Ginsberg|Ginsberg]], [[Ted Hughes|Hughes]] ou [[Sylvia Plath|Plath]].