Farinxe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TjBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: io:Faringo
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: no:Svelg; cambios estética
Liña 1:
A '''farinxe''' é un tubo [[músculo|musculoso]] situado no pescozo e revestido dunha membrana mucosa; conecta o [[nariz]] e a [[boca]] coa [[traquea]] e o [[esófago]]. Pola farinxe pasan tanto o [[aire]] coma os [[alimento]]s, polo que forma parte tanto do [[aparello dixestivo]] coma do [[aparello respiratorio]]. No home mide uns trece centímetros, estendido desde a base externa do [[cranio]] ata a 6ª ou 7ª [[vértebra]] cervical, situándose diante da [[columna vertebral]].
 
== Partes da farinxe ==
'''Farinxe superior''': tamén se chama nasofarinxe ou rinofarinxe ó arrincar da parte posterior da [[fosa nasal|cavidade nasal]]. O teito da farinxe situado na nasofarinxe chámase ''cavum'', onde se atopan as amígdalas farínxeas ou adenoides. A nasofarinxe está limitada por diante polas coanas das fosas nasais e por abaixo polo veo do [[padal]]. A ambos os dous lados presenta o orificio que pon en contacto o [[oído]] medio coa parede lateral da farinxe a través da [[Trompa de Eustaquio]]. Detrás deste orificio atópase un receso farínxeo chamado ''fosita de Rosenmüller''. Na parede posterior da nasofarinxe apréciase o relevo do arco anterior do [[atlas (vértebra)|Atlas]] ou primeira vértebra cervical.
 
Liña 8:
'''Farinxe inferior''': tamén se chama hipofarinxe ou laringofarinxe. Comprende as estruturas que rodean a [[larinxe]] por baixo da epiglote, como os seos piriformes e a canle retrocricoideo, ata o límite co [[esófago]]. No medio dos seos piriformes ou canles faringolarínxeos atópase a entrada da larinxe delimitada polos pregos aritenoepiglóticos.
 
== Funcións da farinxe ==
A farinxe intervén en importantes funcións como:
* A [[deglución]]: é o paso do bolo alimenticio desde a boca cara á farinxe. A este acto denomínaselle vulgarmente como comer (inxerir) e se se fai de forma compulsiva pode asociarse a danos na mucosa farínxea.
Liña 14:
* A [[fonación]]: é o traballo muscular realizado para emitir sons intelixibles, é dicir, para que exista a comunicación oral.
 
== Músculos da farinxe ==
* [[Músculo tensor do veo do padal]].
* [[Músculo elevador do veo do padal]].
Liña 28:
* [[Músculo palatofarinxeo]].
 
== Enfermidades da farinxe ==
* [[Farinxite]].
* [[Amigdalite]].
Liña 69:
[[mk:Голтник]]
[[nl:Pharynx]]
[[no:SvelgetSvelg]]
[[pl:Gardło]]
[[pt:Faringe]]