William Beaumont: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: ru:Бомонт, Уильям; cambios estética
Liña 2:
'''William Beaumont''', nado o [[21 de novembro]] de [[1785]] e finado o [[25 de abril]] de [[1853]], foi un cirurxián militar [[EUA|estadounidense]], coñecido como "Pai da fisioloxía gástrica" polos seus estudos da dixestión humana.
 
== Traxectoria ==
=== Primeiros anos ===
William Beaumont, fillo de Samuel e Lucretia Abel Beaumont, naceu en [[Lebanon, Connecticut]].<ref>{{cita libro| autor = Myer, Jesse S. (editor)| título = Life and Letters of Dr. William Beaumont | ano = 1912 | publicación = St. Louis: C. V. Mosby Company | URLcapítulo = http://books.google.com/books?id=wkcDAAAAYAAJ&pg=PA1&dq=beaumont+life+and+letters#PPR4,M2}}
</ref> En 1811 William aprendeu medicina co doutor Truman Powell en [[St. Albans (vila), Vermont|St. Albans, Vermont]]. Entre 1812 e 1815, Beaumont serviu como cirurxián do exército durante a [[Guerra de 1812]]. Despois da fin da guerra montou unha consulta médica privada en [[Plattsburgh, Nova York]], pero en 1819 Beaumont volveu ingresar no exército como cirurxián con destino en [[Fort Mackinac]]. Beaumont volveu deixar o exército en 1821, e antes de volver de novo ó seu posto casou con Deborah Green Platt en Plattsburgh.
 
=== Experimentos con St. Martin ===
[[Ficheiro:Engraving by Dr William Beaumont.gif|thumb|Do libro de Beaumont ''Experiments and Observations on the Gastric Juice and the Physiology of Digestion'', 1833 (p. 27)]]
O [[6 de xuño]] de [[1822]], un empregado da [[American Fur Company]] da [[Illa Mackinac]] de nome [[Alexis St. Martin]] recibiu, accidentalmente, un disparo no estómago. Beaumont tratou as súas feridas pero agardaba a súa próxima morte pola súa gravidade.<ref>{{cita libro | autor = Beaumont, William | título = Experiments and Observations on the Gastric Juice and the Physiology of Digestion | ano = 1838 | publicación = Edimburgo:Maclachlan and Stewart | URLcapítulo = http://books.google.com/books?id=H6F4_9joRkgC&pg=PA1&dq=gastric+juice#PPR3,M2}}</ref><ref>{{cita libro | autor = [[Rom Harré]] | título = Great Scientific Experiments | publicación = Oxford:Phaidon | ano = 1981 | pages = 39 &ndash; 47 | isbn = 0-7148-2096-2}}</ref> Contra todo pronóstico, St. Martin sobreviviu pero cunha [[fístula]] no estómago. Incapacitado para continuar traballando para a súa antiga compañía, Beaumont contratouno.
 
En agosto de 1825, Beaumont trasladouse a [[Fort Niagara]] en Nova York, e Alexis St. Martin acompañouno. Beaumont recoñeceu en St. Martin unha oportunidade única para observar os procesos dixestivos e Beaumont comezou a realizar experimentos usando o estómago de St. Martin. A meirande parte realizáronse atando un anaco de comida a unha argola e insertándoo na fenda do estómago de St. Martin, ás poucas horas Beaumont retiraba a comida e observaba o grado de dixestión. Beaumont tamén extraeu algo de [[ácido gástrico]] para a súa análise, levándoo a un descubrimento importante, a dixestión é principalmente un proceso químico, non mecánico. En setembro, Alexis St. Martin deixou a Beaumont partindo para o [[Canadá]], deixando a Beaumont Beaumont concentrado nas súas obrigas como cirurxián militar.
Liña 15:
Durante 1826 e 1827 Beaumont estivo destinado en [[Fort Howard (Wisconsin)|Fort Howard]] en [[Green Bay, Wisconsin]]. En 1828 foi transferido a [[St. Louis, Misuri]]. Mentres estaba en camiño recibiu ordes de dirixirse a [[Fort Crawford]] en [[Prairie du Chien, Wisconsin]] para tratar a malaria, el permanecería alí os seguintes cinco anos; mentres estaba alí conseguiu que Alexis St. Martin volvera ao seu servizo. En 1831 Beaumont relizou outra serie de experimentos no estómago de St. Martin que ían desde a observación da dixestión normal ós efectos que a temperatura, o exercicio ou mesmo as emocións tiñan no proceso dixestivo.
 
=== Publicación e novas investigacións ===
[[Ficheiro:Beaumont William gravesite.jpg|right|thumb|180px|Lápidas de William e Deborah Beaumont (''Life and Letters of Dr. William Beaumont'', p. 295)]]
 
Beaumont deixou o exército en 1832 e trasladouse a [[Washington, D.C]] atopándose con St. Martin unha vez máis, e realizando outra serie de experimentos sobre a diferente dixestión de varios tipos de alimentos. En 1833, Beaumont volveu a Plattsburgh, onde escribiu un libro sobre os seus experimentos na dixestión titulado ''Experiments and Observations on the Gastric Juice and the Physiology of Digestion''. En 1834, Beaumont de novo volveu ó exército, destinado St. Louis. Deixou definitivamente o servizo en 1839, exerceu a medicina privada en St. Louis ata a súa morte en 1853.
 
== Notas ==
<references />
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.james.com/beaumont/dr_life.htm Life of Dr. William Beaumont] {{en}}
Liña 33:
[[fr:William Beaumont]]
[[ro:William Beaumont]]
[[ru:УильямБомонт, БьюмонУильям]]