Discurso (narratoloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
Category:Literatura
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 6 de maio de 2006 ás 08:23

Para comprendermos os termos historia e relato ou discurso debemos opolos entre si procedendo en primeiro lugar á súa definición por separado

A historia é unha serie de acontecementos ordenados nunha secuencia cronolóxica, protagonizada por personaxes encadrados nun marco espacial. Representa o plano do contido.

O discurso (ou relato) é o proceso de contar unha historia elixindo o punto de vista, a ordenación temporal dos acontecementos e a duración dos mesmos. Unha historia pode dar pé a múltiplos discursos narrativos. Representa o plano da forma.




En épocas de crise, a historia (o contido) é a máis suxeita a variacións, novos cambios sociais priman obras cargadas de argumento, mentres que en períodos de estabilidade se traballa con experimentacións (discurso, estrutura).

Segundo sexan os presupostos argumentais poderiamos face-la seguinte clasificación do concepto de historia:

  • Historias lineais: a historia implica a construcción do discurso e o acceso á narración.
  • Historias estructurais: O discurso organiza, desde variados puntos de vista, a historia.
  • Historias narrativas: A configuración lingüística é a creadora da realidade narrativa, chegando a desaparece-la trama argumental (‘Mazurca para dos muertos’).

Obsérvese que a historia presupón o plano do contido mentres que o discurso implica o plano da forma.