Departamento de Salto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "thumb|Localización do departamento no Uruguai '''Salto''' é un departamento uruguaio situado no noroeste do país. Limita polo norte co..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 7 de decembro de 2009 ás 04:37

Salto é un departamento uruguaio situado no noroeste do país.

Localización do departamento no Uruguai

Limita polo norte con Artigas, polo leste con Rivera e Tacuarembó, polo sur con Paysandú, e polo oeste coa provincia arxentina de Entre Ríos, achándose como fronteira o río Uruguai.

A súa superficie total é de 14.163 km², e ten unha poboación estimada de 123.120 habitantes segundo o censo de 2004.[1] A capital departamental é Salto, situada a 502 km respecto a Montevideo.

Historia

O pobo foi fundado o 8 de novembro de 1756, sendo elevado o 8 de xuño de 1863 á categoría de cidade. O departamento foi creado o 17 de xuño de 1837 en territorios que antes pertencían ao departamento de Paysandú, e incluía nos seus inicios ao actual departamento de Artigas.

Notas