Tucídides: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TobeBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: eu:Tuzidides
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: no:Thukydid; cambios estética
Liña 3:
[[Ficheiro:Thucydides-bust-cutout_ROM.jpg|thumb|Busto de Tucídides no [[Royal Ontario Museum]], [[Toronto]]]]
 
'''Tucídides''' ([[lingua grega|grego]] Θουκυδίδης, ''Thukydídês'', entre [[-460|460]] e [[-455|455]] a.C. –circa–circa [[-400|400]]) foi un [[historiografía|historiador]] [[Grecia Antiga|grego]] e o autor da ''[[Historia da Guerra do Peloponeso]]'', que narra a guerra do [[século -v|século V a.C.]] entre [[Esparta]] e [[Atenas]]. Esta obra considérase un clásico e representa a primeira do seu tipo.
 
== Vida ==
 
Case todo o que se sabe da vida de Tucídides provén da súa propia ''Historia da Guerra do Peloponeso''. O seu pai, [[Oloro]], era de orixe [[tracia]] e estaba conectado coa realeza tracia. Era un home influente e adiñeirado. Posuía minas de ouro en [[Scapte Hyle]], un distrito da costa tracia situado por frente da illa de [[Tasos]]. Tucídides, nacido en [[Alimos]], estaba conectado através da súa familia co estadista e xeneral [[Milcíades]] e o seu fillo [[Cimón]], líderes da vella [[aristocracia]] suplantada polos demócratas radicais. Tucídides vivíu entre os seus dous fogares en Atenas e Tracia. As súas conexións familiares puxéronno en contacto cos propios protagonistas da historia sobre a que escribiu.
 
Tería uns vinte tantos anos cando se declarou a [[Guerra do Peloponeso]] en [[-431|431]]. Contraíu a [[Peste de Atenas|peste]] que asolou Atenas entre [[-430|430]] e [[-427|427]] que se levou a [[Pericles]] en [[-429|429]] xunto con outros miles de atenienses. En [[-424|424]] foi nomeado [[estratego]] (xeneral) e asignóuselle o mando dunha escuadra de sete barcos estacionados en Tasos, probabelmente polas súas relacións coa zona. Durante o inverno de 424/3, o xeneral espartano [[Brásidas]] atacou [[Anfípolis]], a medio día de navegación ao oeste de Tasos na costa tracia. Eucles, o comandante ateniense de Anfípolis pediulle axuda a Tucídides. Brásidas, coñecedor da súa presenza e da súa influencia sobre a xente de Anfípolis, tiña medo de que chegase axuda polo mar, polo que actuou rapidamente para ofrecerlles uns termos de rendición moderados aos habitantes, que aceptaron. Así, cando Tucídides chegou, Anfípolis estaba xa baixo control espartano. Anfípolis era de importancia estratéxica considerábel e a noticia causou tan grande consternación en Atenas que foi exilado. Utilizando a súa situación de Atenas para navegar libremente entre os aliados [[peloponeso|peloponesiopeloponesios]]s, tivo a oportunidade de ver a guerra desde a perspectiva dos dous bandos. Durante este período levou a cabo unha parte importante da súa investigación histórica.
 
O resto dos datos que se coñecen da súa vida procede de fontes antigas posteriores menos fiábeis. Segundo [[Pausanias]], alguén de nome Enobio logrou que se aprobase unha lei que lle permitise a Tucídides voltar a Atenas, propabelmente pouco despois da rendición desta e do final da guerra no ano 404. Pausanias engade que Tucídides foi asasinado pola espalda en Atenas. Existen dúbidas sobre estes feitos, dado que hai indicios que permiten facer pensar que vivía no [[-397|397]]. [[Plutarco]] asegura que os seus restos foron devoltos a Atenas e colocados no mausoleo familiar de Cimón.
Liña 15:
O remate abrupto da súa narrativa, que se detén no medio do ano [[-411|411]] parece suxerir que morreu cando aínda estaba a escribir o libro.
 
== Educación ==
 
Aínda que non hai datos sólidos que o avalen, o carácter retórico da súa narrativa suxire que Tucídides estaba polo menos familiarizado cos ensinamentos dos [[sofista]]s. Estes eran relatores ambulantes, que frecuentaban [[Atenas]] e outras cidades gregas.
Liña 23:
Ambas estas dúas teorías son inferencias a partir do carácter percibido na súa ''Historia'', pero non hai proba firme de nengunha delas.
 
== Carácter ==
 
Tense dito que o seu carácter era seco e pesimista. En ocasións, insunúase na súa ''Historia'' un sentido do humor sarcástico. Tucídides admiraba a Pericles e aprobaba o seu poder sobre o pobo, aínda que detestaba os aduladores que o rodeaban. Tucídides non concordaba coa democracia radical que trouxo Pericles pero admitía que era aceptábel nas mans dun bon lider.
 
== ''Historia da Guerra do Peloponeso'' ==
 
Tucídides escribiu un único libro. Todo o seu legado á [[historiografía]] está contido nesta densa historia da guerra que durante vinte sete anos libraron Atenas e os seus aliados contra [[Esparta]] e os seus. A historia arranca perto do final do vixésimo primeiro ano.
Liña 75:
[[ml:തുസ്സിഡിഡീസ്]]
[[nl:Thucydides (historicus)]]
[[no:TukydidThukydid]]
[[pl:Tukidydes]]
[[pt:Tucídides]]