Sorbitol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
algunhas correccións e retiro texto repetido
Lameiro (conversa | contribucións)
código E do sorbitol
Liña 1:
[[Ficheiro:Sorbitol_Fischer_projection.png|right|Sorbitol]]
 
O '''sorbitol''' é un azucre de tipo [[poliol]] (fórmula empírica: C<sub>6</sub>H<sub>8</sub>(OH)<sub>6</sub>) que o organismo [[metabolismo|metaboliza]] lentamente. Emprégase como [[edulcorante]] e como espesante nos [[alimento]]s. Cualifícase como edulcorante nutritivo porque cada gramo proporciona catro [[caloría|calorías]], ó mesmo que o [[azucre|azucre de mesa]] e o [[amidón]].
 
Ten as mesmas vantaxes e inconvenientes ca [[frutosa]] e é o edulcorante máis habitual nos chicles "sen azucre". No fígado pode transformarse en [[glicosa]] e frutosa. Se se toma unha dose alta (máis de 50 gramos de sorbitol día), pode causar diarrea.
Liña 10:
 
É un sólido [[higroscópico]] que se utiliza na industria como humectante para manter diversos produtos cun grao de humidade apropiado. Utilízase na elaboración de alimentos, fármacos e produtos químicos. Utilízase tamén como acondicionador de papel, téxtiles, colas e cosméticos, e tamén como [[emulsiónante]] na fabricación de pasteis e doces co obxecto de impedir que se separen a fase acuosa e a fase graxa nestes alimentos.
 
Como [[aditivos alimentarios|aditivo alimentario]], o seu código é o [[números E|E]]-420-i. O E-420-ii é o xarope de sorbitol.
 
Ó ter maior poder edulcorante que o [[azucre]], obtense o mesmo sabor doce cunha cantidade inferior de sorbitol que a que sería necesaria empregando azucre común.