Porcelana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: ka:ფაიფური
+ imaxe
Liña 1:
[[Ficheiro:Centro de flores (Porcelana Buen Retiro, MAN 1982-85-5) 02.jpg|thumb|220px|right|Flores de porcelana ([[Madrid]], [[século XVIII]]).]]
[[Ficheiro:Meissen-Porcelain-Dancers.JPG|thumb|right|220px|[[Porcelana de Meissen]].]]
 
A '''porcelana''' é un material de [[cerámica]] e os obxectos que se fabrican con este material. O termo "porcelana" procede dun malentendido. Cando [[Marco Polo]] escribiu as súas memorias de volta das súas viaxes, contou que nas costas de [[Asia]] se pescaban uns [[molusco]]s de [[cuncha]]s brancas que eran moi aprezadas pola súa beleza e cuxo nome era ''porcelana''. No mesmo capítulo da súa obra luovou a beleza e brancura da [[cerámica chinesa]], polo que moitos lectores, dado que se descoñecía a composición da cerámica chinesa, interpretaron que esta se facía a partir das cunchas do molusco, polo que lle deron ó material o seu nome.
 
A pasta da porcelana componse de [[caolín]] e [[feldespato]] e debe sofrer un complicado proceso de cocción en varias fases e a distintas temperaturas que oscilan entre os 700 e os 1450°C. O produto final é un material [[traslúcido]] de aspecto vitrificado, pouco [[poroso]], de cor branca e sonoro ó tacto que permite a fabricación de obxectos notables polo seu brillo, finura e resistencia ó calor. As porcelanas considéranse obxectos suntuarios e o seu estudo encádrase dentro das [[artes decorativas]].
 
[[Ficheiro:Meissen-Porcelain-Dancers.JPG|thumb|right|[[Porcelana de Meissen]].]]
A orixe da porcelana está en China, na época da [[dinastía Shui ]] ([[581]]-[[617]]). Xa no periodo seguinte, a [[dinastía Tang]] ([[618]]-[[906]]), a porcelana obtivo enorme pulo e fabricáronse obxectos da maior calidade artística. As primeiras noticias sobre o material chegaron a Europa da boca e a pluma de Marco Polo, pero o comercio efectivo non comezou ata mediado o [[século XIV]]. Os obxectos, xa preciosos no seu lugar de orixe, aumentaban de prezo polas dificultades do transporte, polo que os clientes europeos chegaban a pagar por eles sumas exorbitantes. Este feito provocou que pronto se intentase fabricala nos países importadores, pero se descoñecían completamente tanto a composición exacta da pasta como as temperaturas adecuadas para a sua cocción. Os diversos experimentos foron permitindo a descoberta de novos materiais: na corte dos [[Médici]]s inventouse unha falsa porcelana, a porcelana branda o terna, similar á cerámica [[maiólica]], que coce a menor temperatura e é menos resistente que a porcelana dura. Este tipo de pasta acadou en [[Inglaterra]] gran calidade.