Talibán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 3:
Despois da caída da prosoviética [[República Democrática de Afganistán]] en [[1992]], Afganistán foise lanzando nunha guerra civil entre señores da guerra. Os talibáns emerxeron eventualmente como unha forza capaz de traer orde ó país. A subida dos talibáns axudou á economía eliminando os pagos que os señores da guerra esixían ós comerciantes, trouxo vantaxes políticas reducindo a loita entre faccións (aínda que o talibáns de combateron agresivamente contra os seus inimigos, a súa hexemonía relativa reduciu o número de faccións) e trouxo estabilidade relativa impoñendo un sistema de normas ante unha sociedade caótica. A ideoloxía radical dos talibán apartaría máis adiante a moitos observadores que consideraban inicialmente a súa aparición como positiva. A mitoloxía talibán establece a primavera de [[1994]], co rapto e violación de dúas raparigas nun punto de control Mujahidin na aldea de Sang Hesar nas aforas de [[Kandahar]], o mulá local Omar, veterán da facción [[Harakat-i Inqilab-i Islami]] contra o réxime de Najibulá, con outros trinta e tantos talibáns organizou un grupo armado para rescata-las raparigas e colgou o comandante do Mujahidín.
 
Despois deste incidente, Omar fuxiu á provincia veciña de [[Baluchistán]] en [[Paquistán]], para o outuno de 1994 organizara unha milicia ben armada e ben financiada de 1.500 seguidores, que proporcionarían a protección para un convoy comercial paquistaní que leva mercancías por terra a [[Turcomenistán]]. Con todo, moitos informes suxiren que o convoy estaba de feito por completo composto por combatentes paquistanís que se presentaban como talibáns e que contaban coa axuda do goberno paquistaní e tamén, en certa medida, dos [[Estados Unidos]] para contrarrestar a [[Alianza do Norte]].
{{enuso}}