Fernando I, Duque de Bragança: Diferenzas entre revisións

aristócrata portugués
Contido eliminado Contido engadido
É bo dar unha revisada
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 4 de decembro de 2009 ás 17:35

D. Fernando I foi o 2.º Duque de Bragança, segundo fillo do 1 º duque D. Afonso I, nado en 1403 e falecido en Vila Viçosa en 1478. Sucedeu no ducado por morte do seu pai, en 1464.

Traxectoria

Neno, o avó cedeulle o condado de Arraiolos, vindo despois a recibir os títulos de conde de Barcelos, conde de Neiva, fronteiro-mor do Reino, tendo aínda foi feito por Afonso V Marqués de Vila Viçosa (1455). Tomou parte na expedición de Tánxer, sendo máis tarde gobernador de Ceuta por dúas veces.

Acompañou D. Afonso V en expedicións ao norte de África, e con tanta gallardia, que o soberano lle fixo a gracia de elevar Bragança á categoría de cidade. Rexente do Reino en 1471, cando o rei partiu para a conquista de Arzila.

Casamento e descendencia

Casou en 1429 con D. Xoana de Castro, filla de D. Xoán de Castro, señor do Cadaval, e logo con dona Filipa de Melo. Descendentes:

  1. D. Fernando II, 3 º duque de Braganza morto en 21 de xuño de 1483. Duque de Bragança e conde de Arraiolos feito por Afonso V de Portugal.
  2. Xoán, Marqués de Montemor-o-Novo, nado em 1471.
  3. Afonso, conde de Faro e de Odemira feito en 1496 por Afonso V de Portugal, de quen descenden o conde de Vimieiro.
  4. Álvaro de Bragança, señor de Tentúgal, A Pobra, Buarcos e Cadaval, tamén chamado Álvaro de Portugal-Bragança, naceu en 1439 e morreu en 1504 en Toledo, sepultado en Évora.