Illa de Providencia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SpBot (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: fi:Providencia (saari); cambios estética
Liña 41:
Pertence a [[Colombia]], e pola súa extensión en quilómetros cadrados é a segunda en tamaño do departamento; ten 7 km de longo e 4 km de ancho. Localízase a 90 km ao norte da illa de [[Illa de San Andrés, Colombia|San Andrés]]. A illa foi por moito tempo un lugar tranquilo e non tivo os efectos do turismo. Con todo o incremento do [[turismo]] e en particular do [[turismo ecolóxico]] puxérona na mira do interese dos visitantes. Tanto o [[mergullo]] como o [[esnórquel]] son moi practicados debido aos [[arrecifes de coral]], a riqueza de [[fauna]] e [[flora]] mariña e as augas transparentes.
 
== Xeografía ==
[[Ficheiro:2006 01 04 4.JPG|thumb|right|300px|Vista da Baía de Aguamansa]]
 
=== Descrición ===
 
Providencia é unha pequena illa do [[Caribe]], situada a uns 80 [[km]] ao noroeste da súa irmá San Andrés e a uns 220 de Nicaragua. Xunto a ela atópase outro illote chamado [[Illa Santa Catalina, Colombia|Santa Catalina]] separada por unha canle natural de 150 m de amplitude.
Liña 54:
* '''Caios''': Valle, Tres Hermanos, Casabaja e Cangrejo.
 
=== Ecosistemas ===
 
Providencia contén mostras dos diferentes ecosistemas do arquipélago, como son os bosques de manglar, as formacións coralinas, as praderías de pastos mariños e unha pequena extensión de bosque seco tropical.
 
=== Xeoloxía ===
 
Chan rochoso de orixe volcánico. A illa está cruzada por un cordal orientado de norte a sur, cuxa altura máxima alcanza os 360 metros e é denominado O Pico (The Peak) onde nacen a maioría de fontes de auga doce, vitais para o municipio.
 
=== Hidroloxía ===
 
Providencia é a única illa dentro do Arquipélago que posúe fontes de auga permanentes ou intermitentes, dependendo da época do ano. Moitas destas correntes nacen na chamada Serranía Central e a súa lonxitude non supera o quilómetro e medio.
 
== Parque nacional natural ==
 
O parque ''Old Providence McBean Lagoon'' sitúase ao nordés da illa, ten unha extensión de 995 hectáreas, das cales 905 son área mariña. Consta dun arrecife coralino protexido, unha zona de [[manglar]], a lagoa de McBean e os caios dos Tres Irmáns e Cangrexo.
Liña 72:
O parque é na actualidade a única zona protexida a nivel nacional no caribe oceánico colombiano. Posúe o arrecife de coral máis extenso de Colombia, cun total de 32 [[km]] de longo. Debido ao carácter especial de McBean Lagoon e do arrecife adxacente, foi declarado parque en [[1995]] e pasou a formar parte da ''Reserva de Biósfera "Seaflower"'' desde [[2000]] e das ''Áreas Protexidas do Arquipélago'' desde [[2004]]. Old Providence ademais foi creado co propósito de deter a urbanización acelerada que plneaba destruír gran parte do manglar.
 
== Vida silvestre ==
 
=== Vexetación e flora ===
 
Os manglares son árbores de diferentes especies que se adaptaron a vivir en zonas costeiras con influencia mariña e xogan un papel importante como lugares de reprodución e cría de numerosas especies de peixes, crustáceos e moluscos. En Providencia abundan o mangle vermello ''(Rhizophora brevistyla)'', mangle branco ''(Laguncularia racemosa)'' e o mangle piñuelo ''(Pelliciera rhizophoreae)''.
Liña 82:
Nos caios predominan as palmeiras cocoteiras, [[ficus]] e as matogueiras de icaco, que serven de niño para as aves [[Fregata magnificens|fragata]]. A vexetación mariña ao redor dos caios é variada, e conta con tres especies de algas e dúas de pastos mariños.
 
=== Fauna ===
 
Debido ao carácter insular e oceánico, a fauna terrestre é limitada e presenta un alto grao de [[endemismo]]. Atopáronse unha soa especie de ra ''([[Leptodactylus]] insularis)'' así como unha de tartaruga terrestre ''([[Geochelone carbonaria]])''. Reportáronse ademais 2 especies de serpes ''([[Boa constrictor imperator]] e Leptotyphlops magnamaculata)'', 6 de saurios, 10 de aves, 4 de tartarugas mariñas e algunhas poucas de mamíferos.
 
== Historia ==
{{AP|Historia do Arquipélago de San Andrés, Providencia e Santa Catalina}}
 
Liña 92:
En 1629 construíuse o primeiro asentamento da illa á que chamaron New Westminster ou Nova Westminster no que hoxe é Old Town que se localiza ao Sur da Capital Santa Isabel.
 
== Municipio de Providencia e Santa Catalina ==
[[ImageFicheiro:San Andrés, Providencia y Santa Catalina.png|thumb|right|300px|Localización dos centros poboados de San Andrés e Providencia, Colombia]]
 
Fundado durante o século XVIII alcanza o seu status como municipio só en [[1952]]. Este atópase formado polas Illas de Providencia e Santa Catalina a unha altura de 12 metros sobre o nivel do mar, cunha temperatura media de 26 graos centígrados, con aprox. 5.000 habitantes e 18 [[km²]] de extensión en total.
 
=== Demografía ===
 
Cambios radicais a través de toda a súa historia precolombina: Segundo estudos do Instituto de Xenética Humana da Universidade Javeriana Aspectos demográficos; MENDOZA, Roberto, Ignacio M. Zarante e Gustavo Valbuena, Instituto de Xenética Humana, Universidade Javeriana, Bogotá, (data por definir), o seguinte é o censo segundo o [[Departamento Administrativo Nacional de Estatística]], DANE (Cabrera, 1980, DANE 1993): a idade media é de 30 anos, nunha poboación total de 3.836 persoas en todo o municipio. A raza predominante é a afroantillana.
 
=== Constitución urbana ===
 
A cabeceira municipal atópase no sector de Santa Isabel. Outros sectores son Puebloviejo, Buenavista, Aguadulce, Aguamansa, Sur Oeste, Casa Baja, Punta Rocosa, A Montaña, Pueblo Libre, San Felipe. As comunicacións entre os diferentes sectores dáse a través da estrada única (circunvalar) que bordea todo o litoral da illa.
 
=== Economía ===
 
Agricultura, gandería, pesca e [[ecoturismo]] (este último requirido por visitantes nacionais, especialmente do interior do país, de Centroamérica e o Caribe). A produción municipal é levada á capital do departamento ([[San Andrés, Colombia|San Andrés]]).
 
=== Festas ===
 
Entroido da Vella Providencia e Festas de Nadal.
Liña 122:
[[en:Providencia Island]]
[[es:Isla de Providencia]]
[[fi:IslaProvidencia de Providencia(saari)]]
[[fr:Îles de la providence]]
[[it:Isola de Providencia]]