Angoares, Ponteareas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Lp Angoares
Xas (conversa | contribucións)
→‎Patrimonio histórico artístico: engado datos sobre igrexa
Liña 14:
 
==Patrimonio histórico artístico==
A [[igrexa de San Pedro de Angoares]] é do [[século XII]]. A súa orixe hai que buscala nun mosteiro visigodo situado sobre unha vila romana, séculos máis tarde construiríase a igrexa románica. Ten planta de [[cruz latina]] e testeiro recto, destacando os seus capiteis e a magna colección de [[canzorro]]s antropomorfos e zoomorfos. Algúns dos personaxes esculpíronse sentados coas mans suxeitando a súa cabeza, como se estivesen meditando. A antiga fachada románica desapareceu logo dunha reforma feita no ano 1900. A actual carece de calquera valor arquitectónico.
 
Pola parroquia de Angoares pasa o [[río Tea]] e o seu afluente o [[río Uma]]. Neste último, no lugar de Cabalón, existe unha ponte medieval xunto á cal mana un manancial que, segundo din, é similar á auga que agroma na vila de [[Mondariz]]. Pódese pasear pola súa ribeira apreciando e admirando a vexetación e fauna típica de bosque de río.