Euskadiko Ezkerra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ast:Euskadiko Ezkerra
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Euskadiko Ezkerra''' ([[EE]]) foi un partido nacionalista basco de esquerdas. Orixinado en 1977 como unha coalición entre [[Euskal Iraultzarako Alderdia]], [[Euskadiko Mugimendu Komunista]] e outras pequenas formacións da esquerda basca para presentar unha lista conxunta ás elecións xerais no [[País Basco]] mentres a [[Unión Navarra de Izquierdas]] (UNAI) facía o propio en [[Navarra]]. EE conseguíu un escano no Congreso e un senador. Moitos dos membros máis prominentes desta primeira fase acabarían militando en [[Herri Batasuna]].
 
En 1982 uniuse co [[Partido Comunista de Euskadi]] constituíndose en partido co nome de '''Euskadiko Ezkerra-Izquierda para el Socialismo''', [[Mario OnaindíaOnaindia]] foi elixido secretario xeral, substituído máis tarde por [[Kepa Aulestia]], aínda que o seu líder indiscutido foi [[José María Bandrés]]. Tras a división do PNV e a formación de [[Eusko Alkartasuna]] en 1987, EE formalizou unha coalición con esta última. En 1988 asinou o [[Pacto de Ajuria Enea]] e no ano 1991 entrou no goberno basco co PNV e EA.
 
No ano 1993 a maioría dos seus afiliados aprobaron a fusión co [[Partido Socialista de Euskadi]] que acabou adoptando o nome de [['''Partido Socialista de Euskadi-Euskadiko Ezkerra]]''' (PSE-EE), un sector minoritario formou un novo partido [[Euskal Ezkerra]], que se mantería coaligado con EA.
[[Categoría:Partidos políticos da CAV]]
[[Categoría:Partidos políticos de Navarra]]