Xeración beat: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rubinbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: fr:Beat Generation
Todesfuge (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
A expresión '''Beat Generation''' xorde durante unha conversación entre [[Jack Kerouac]] e [[John Clellon Holmes]] en 1948. A intención dos seus membros non era a de darlle un nome, senón "desnomeala". A finais de 1952 apareceu no [[New York Times]] Magazine un artigo de John Clellon Holmes titulado "This is the Beat Generation" que captou a atención do público.
 
O termo comezou a utilizarse de tal xeito, e sen discriminación algunha, ata o punto de que en 1959 Kerouac considerou necesario corrixir publicamente o abuso desta denominación nos medios de comunicación, onde se empregaba coas connotacións de "totalmente vencido", ou fracasado, ou no sentido de "ritmo". Jack intentou amosar o sentido correcto de "beat" suxerindo a súa relación con palabras como "beatitude" e "beatífico", conexión que se explicaba porque, nos seus ideais, o movemento beat sentíase atraído pola natureza da conciencia orientada á comprensión do pensamento oriental, haciade cara a prácticas de meditación, etc. Esta "redefinición" que Kerouac facía do termo pretendía orientar haciacara a imaxes simbólicas do estilo da derrota ou escuridade necesarias, precedentes á apertura á luz e a supresión do ego que conducen á iluminación relixiosa.
 
Como reacción e coa intención de parodiar e desprestixiar o movemento beat, en 1958 apareceu o termo "[[beatnik]]", produto da fusión das palabras "beat" e "[[Sputnik]]", o primeiro satélite en alcanzar o espazo exterior ese mesmo ano, de fabricación rusa, suxerindo unha condición [[antiamericanismo|antiamericana]] (antiestadounidense) e [[comunista]] do movemento beat.
 
[[Allen Ginsberg]], un dos seus integrantes máis famosos, observaba no prólogo do libro "''The Beat Book"'', editado por Anne Waldman e Andrew Schelling, outro posible significado: "acabado", "completo", na noite escura da alma ou na nube do non saber. E mesmo "aberto", no sentido [[Walt Whitman|whitmaniano]] de "apertura á humildade". Pero, independentemente do significado que se lle queira dar, o uso de "Beat generation" pasou a designar un movemento literario formado por un grupo de amigos que desde mediados dos anos cuarenta traballaran xuntos escribindo poesía e prosa, e que compartían unha idea de cultura e aficións ou fontes de inspiración similares, como a música [[jazz]].
 
O grupo inicial estaba formado por [[Jack Kerouac]], [[Neal Cassady]], [[William Burroughs]], [[Herbert Huncke]], [[John Clellon Holmes]] e [[Allen Ginsberg]]. En 1948 uníronse [[Carl Salomon]] e [[Philip Lamantia]]; en 1950 [[Gregory Corso]], e en 1954 [[Lawrence Ferlinghetti]] e [[Peter Orlovsky]].
 
Este grupo, que acabou denominándose Xeración Beat, revitalizou a escena bohemia cultural norteamericana. A súa enerxía desbordouse haciacara osaos movementos xuveniles daquela época (''[[On the Road]]'', a novela que Kerouac publicou en 1957, asumiu o carácter de manifesto universal dunha mocidade que quería fuxir do establecido), e foi absorbida pola cultura de masas e pola clase media hacia finais dos anos cincuenta e principios dos sesenta.
 
Os seus ideais avogan por unha arte como manifestación das texturas da conciencia. O seu canto á liberación espiritual derivou haciacara a unha liberación sexual, particularmente [[homosexual]], que fixo de catalizador nos movementos de liberación da muller e dos negros. Levados por elementos como unha visión tolerante e non-teísta, o antifascismo cósmico, ou o eclecticismo, interesáronse polas [[sustancias psicodélicas]] como ferramentas de coñecemento.
 
Centraron a súa loita en contra dos valores tradicionalistas e puritanos de Estados Unidos, contra o "[[American Way of life]]", un repudio implícito ós valores comerciais, propoñendo para reemplazalo os ideais expostos por Whitman en "Leaves of Grass".